ARTES PLÁSTICAS

ACTIVIDADES EDUCACIÓN PLÁSTICA VISUAL e AUDIOVISUAL


ACTIVIDADE 1:                                                                                                                                        

1º ESO- PROCESO DE COMUNICACIÓN VISUAL: ELEMENTOS

Enunciado:  Completa o esquema debuxando os diferentes elementos que interveñen no proceso de comunicación visual.

Obxectivos:  Coñecer os elementos que interveñen no proceso de comunicación visual / Debatir sobre a m
ensaxe do cartel. / Sensibilizar cara a problemática do abandono de animais.

FICHA 1 – IMPRIMIR


ACTIVIDADE 2:

3º ESO- COMUNICACIÓN VISUAL: ANÁLISE DE IMAXES

Enunciado:  Fai unha análise detallada do seguinte cartel, dende o punto de vista obxectivo e subxectivo. Resposta ás cuestións que aparecen na ficha.

Obxectivos:  Analizar obxectiva e subxectivamente. / Debatir sobre a mensaxe do cartel. / Sensibilizar cara o sufrimento do touro na tauromaquia ou dos animais explotados nos espectáculos.

FICHA 1 – IMPRIMIR

FICHA 2 – IMPRIMIR


ACTIVIDADE 3:

 1º ESO- PERCEPCIÓN VISUAL:  “OS TOUROS NON VAN AO VERMELLO”. O espectro visible no mundo animal. (Colaboración na Semana da Ciencia do IES Espiñeira).
 
Enunciado: Mira a información que aparece nas seguintes ligazóns (tanto vídeos como textos). Este material é o punto de partida para comezar o teu traballo segundo as seguintes instrucións:
 
1- Escolle un animal no que centrar a túa investigación (xa o fixestes)
 
2- Busca información sobre a percepción visual nese animal fixándote sobre todo en tres aspectos: a) as cores que é capaz de percibir,  b) a nitidez con que ve, c) o campo visual que abranguen os seus ollos.
 
3- Resume a información anterior en envíaa xunto cunha imaxe da cabeza do animal, ao correo da aula, poñendo en asunto “Plástica na Semana da ciencia + o teu animal
 
4- Traballo práctico: * Deberás representar mediante un debuxo o xeito no que ve o animal escollido, tendo en conta as características que estudaches antes. Tamaño do soporte: cartolina tamaño A3 (dobre folio). Podes usar calquera técnica para colorear.
 
Obxectivos: Estudo da percepción visual e o espectro de luz visible nas distintas especies / reflexionar sobre os distintos xeitos de percibir e a importancia da contorna na adaptación ao medio / Comprender o prexudicial que resulta para os animais o cambio de contexto segundo as súas necesidades / Valorar e rexeitar calquera tipo de sufrimento debido á nosa intrusión no desenvolvemento natural dos animais ou no seu hábitat. 
 
A visión cromática nos animais   AQUÍ
 
13 imaxes que amosan cómo os animais ven o mundo   AQUÍ
 
Así é cómo ven o mundo os animais  AQUÍ
 
Cómo ven o mundo os animais?; un equipo científico responde   AQUÍ
 
Cómo ven os animais? VÍDEO
 
Cómo ven o mundo os animais? VÍDEO
 
 

ACTIVIDADE 4:

4º ESO- PROXECTO EDUCATIVO PARA A IGUALDADE NO MARCO DO PLAN PROXECTA E A SEMANA FAUNA DO CURSO 2019/2020                         

Enunciado e descrición AQUÍ

La imagen tiene un atributo ALT vacío; su nombre de archivo es MURO-ECOFEMINISTA-1024x329.jpg

ACTIVIDADE 5:

1º ESO- A BANDA DESEÑADA. 

Fase 1- Lectura e documental.                                                                                                Lectura recomendada para o alumnado: REFUGIO, José Fonollosa. Este libro, ao ser un cómic baseado en experiencias reais nunha protectora, resulta unha ferramenta ideal para conxugar o tema curricular e a protección animal.                                                               Documental recomendado: DESPROTEGIDOS, longametraxe que partindo da Fundación Protectora de Animais de Navarra profundiza en diversos temas coma o maltrato animal, o abandono o os dereitos dos animais.

Fase 2- Actividade: CREA A TÚA BANDA DESEÑADA!.                                                  Enunciado: Tras consultar todas estas ligazóns, penso que xa estás preparadx para a última tarefa: a creación dunha banda deseñada na que aplicarás todo o aprendido.               – O xeito no que tes que crear, o tipo de debuxo, os distintos planos que deberías usar e o que vas poñer en cada viñeta pódelo repasar nos apuntes.                                                     – O tema, a historia, o que vas contar, lóxicamente estará relacionado coa PROTECCIÓN ANIMAL, e máis concretamente co abandono de animais ou o seu cativerio (en zoos e acuarios).                                                                                                                           Con todo isto, agora debes poñerte a pensar no que queres contar e cómo o vas contar. A plantilla que deberás usar está na seguinte LIGAZÓN

Obxectivos: Aprender a linguaxe da banda deseñada e ser quen de comunicar a través da imaxe secuencida / Reflexionar sobre o tema do abandono e o maltrato animal como unha consecuencia do comercio das súas vidas e a súa cosificación / Empatizar co seu sufrimento e valorar o labor do voluntariado que os axuda, dende organizacións a individuos / Ensinar que unha persoa soa pode ser determinante para salvar a vida dun animal.

ACTIVIDADE 6:

1º ESO- ELEMENTOS DA LINGUAXE PLÁSTICA E VISUAL, O
VOLUME: ORIGAMI

Enunciado: Utiliza a técnica da papiroflexia para construir un animal en volume. Logo busca información sobre dito animal e adxúntao á mesma coidando a presentación, pois formará parte dunha exposición conxunta sobre fauna no corredor do centro.

Obxectivos: Coñecer a técnica do origami e a súa orixe/ Identificar o volume como o elemento da linguaxe plástica e visual de tres dimensións/ Interpretar imaxes en 2D (planos e instrucións) para elaboralas en 3D/ Achegar o coñecemento ao mundo dos animais e empatizar coas súas necesidades/ Aprender a respectar a natureza de cada especie animal.

ENLACE DE CONSULTA


ACTIVIDADES DE DESEÑO —- BACHALERATO DE ARTES


ACTIVIDADE 7:

2º BACCreación de obras en técnica libre e temática animalista para exposición colectiva.

Contexto: Semana temática 2017 do IES Praia Barraña, “Ética e Dereitos dos animais”.

LIGAZÓN EXTERNA (IES Praia Barraña)