II LE – FRANCÉS

ACTIVIDADE 1:

2º BAC: AUDICIÓN e REDACCIÓN

A tauromaquia no é unha práctica exclusiva do noso país. Francia conta con 49 ganderías, 51 prazas, 7 grandes feiras e máis de 10 toureiros en activo, ademáis de empresarios, banderilleiros, picadores… Tamén foi o primeiro país en declarar a tauromaquia Patrimonio Cultural Inmaterial en 2011, blindando así este espectáculo de sufrimento con máis contundencia, se cabe, que España. Aínda con todo as voces álzanse en múltiples manifestacións contra este tipo de maltrato animal. Un exemplo diso é a canción de Francis Cabrel.

IMPRIMIR FICHA – FRANCÉS (pdf)


ACTIVIDADE 1:

4º ESO: UN ICONO GASTRONÓMICO FRANCÉS: O “FOIE GRAS”

Claramente o paté de fígado de pato é produto dun maltrato extremo cara a estes animais. Durante quince días gansos ou patos confinados en pequenas gaiolas que os inmobilizan, son alimentados dun xeito forzoso mediante un tubo ata provocar o crecemento case inmediato do seu fígado nun volume dez veces superior ao do tamaño natural. Por se isto fora pouco os métodos de sacrificio e o feito de seren tratados coma obxectos na cadea de produción provocan un sufrimento engadido e unha prolongación da súa agonía.

IMPRIMIR FICHA – FRANCÉS (pdf)

 

Obxectivos: Practicar gramática e vocabulario na lingua francesa/ Coñecer o trato que se lle da aos animais en países de fala francesa/Descubrir a orixe deste produto francés elaborado tamén en España/ Espertar o interese por coñecer o proceso de elaboración dos produtos que consumimos/ Fomentar o pensamento crítico/ Desenvolver unha actitude de empatía cara estes animais.

Competencias clave: Aprender a aprender/Competencia en comunicación lingüística/ Competencia dixital/ Competencias sociais e cívicas.

Se queres saber máis pincha nas ligazóns:

ENLACE 1: La producción de foie gras

ENLACE 2: Foie gras: maltrato animal

ENLACE 3: Stop foie gras


ACTIVIDADE 1:

1º BAC: MARZO VERMELLO EN CANADÁ

 

Países francófonos como Canadá mantienen entre sus prácticas la terrible masacre de focas que cada año acaba con la vida de unos 500.000 animales, entre ellos la mayoría cachorros. No sólo el hecho en sí de exterminarlos sino los métodos que utilizan p
ara hacerse con sus pieles son motivos más que fundados para que la comunidad internacional lo paralice. Aún así su sacrificio continúa.

IMPRIMIR FICHA – FRANCÉS (pdf)

 

Obxectivos: Practicar gramática e vocabulario na lingua francesa/ Coñecer o trato que se lle da aos animais en países de fala francesa/ Descubrir este costume ligado á tradición canadiense e a polémica que suscita a nivel mundial./ Espertar o interese por coñecer o proceso de elaboración dos produtos que consumimos/ Fomentar o pensamento crítico/ Desenvolver unha actitude de empatía cara estes animais.

Competencias clave: Aprender a aprender/Competencia en comunicación lingüística/ Competencia dixital/ Competencias sociais e cívicas.

Se queres saber máis pincha nas ligazóns:

ENLACE 1: Caza de focas en Canadá

ENLACE 2: La matanza de focas el espectáculo sangriento de cada primavera


ACTIVIDADE 2:

1º BAC: ABANDONO DE ANIMAIS