EFEMÉRIDES & CALENDARIO

No ano 1944 APARECE O TERMO “VEGANISMO”

Xa na década de 1830 comezouse a usar a palabra “vexetariano”, do inglés “vegetarian”, referíndose a aqueles individuos que practicaban unha dieta baseada en vexetais, excluíndo así dela todos os produtos de orixe animal por compaixón cara aos mesmos ou por motivos de saúde.  Nesta época tamén apareceu o “naturismo” como ciencia de saúde e convivencia directa coa natureza.

A palabra vegano utilizouse por primeira vez no ano 1944, cando dous ingleses Elsie Shrigley e Donald Watson, observando que moitas persoas que se proclamaban vexetarianas seguían consumindo lácteos e pescado, crearon entón o termo “vegan
” para diferenciar aos vexetarianos puros dos que non o eran. A etimoloxía da palabra “veganismo” provén do inglés “vegan”, que á vez deriva de VEGetariAN.

O 1 de novembro dese mesmo ano, Donald Watson creou a primeira  sociedade vegana do mundo, a  “Vegan Society” no Reino Unido. Dende ela dicía cousas como:

O veganismo é unha filosofía de vida que exclúe todas as formas de explotación e crueldade cara ao reino animal e inclúe unha reverencia á vida. Na práctica aplícase seguindo unha dieta vexetariana pura e anima o uso de alternativas para todas as materias derivadas parcial ou totalmente de
animais”.

Watson era un carpinteiro vexetariano “puro” que coñecía de preto o espanto da explotación das vacas leiteiras polo que no primeiro número de “The News Vegan”, unha revista editada por el mesmo, escribiu:

A crueldade indiscutible asociada á produción de lácteos deixou claro que o lacto-vexetarianismo non é senon un medio camiño entre os que comen carne e unha dieta verdadeiramente humana e civilizada, e estou convencido de que durante a nosa vida debemos tratar de evolucionar o suficiente para que a viaxe sexa completa“.

Watson sentou as bases dun forte movemento na defensa da vida que medrou cos anos. O 1 de novembro de 1994, Louise Wallis, entonces Presidenta da  Vegan Society do Reino Unido, instaurou a celebración do Día Mundial do Veganismo, ao cumplirse os 50 anos da creación de dita sociedade. Este día celébrase en distintas partes do mundo con actividades especiais, charlas e sobre todo cunha invitación a vivir en harmonía coa natureza.

É unha data de reflexión, de concienzar non só na orixe de cada alimento cárnico que chega ao noso prato, senon do abuso, maltrato, explotación e esclavitude que hai detrás de moitos espectáculos “recreativos”, así coma de obxectos e produtos que usamos sen percatarnos de que proveñen da morte e a dor dun ser vivo.  É unha data que nos convida a promover unha alimentación saudable baseada na “reverencia á vida”, tal coma apuntan as palabras de Watson.


No ano 1970 APARECE O TERMO “ESPECISMO”

En 1970 o psicó
logo inglés Richard Ryder nado en 1940 e ex candidato ao Parlamento polo Partido Liberal Demócrata, acuña este termo mentres se atopaba  recostado na bañeira,  e empregouno por primeira vez nun  cartaz privado publicado en Oxford ese mesmo ano, para definir a discriminación en función da especie.

Despois de ter traballado en laboratorios de investigación animal, comezou a falar en contra da experimentación en animais, e converteuse nun dos pioneiros do moderno movemento
de liberación animal.  É  autor de ¨Victims of Science¨ (1975),  ¨Animal Revolution: Changing Attitudes Towards Speciesism¨ (2000) ¨Painism: A Modern Morality¨ (2001), e ¨Putting Morality Back into Politics¨ (2006).

O termo ESPECISMO  pretende facer un paralelismo con outro tipo de discriminacións arbitrarias coma o sexismo ou o racismo, ao entenderse que a especie é igualmente irrelevante para considerar os intereses dun individuo en non sufrir e disfrutar da súa vida.


No ano 1975 PETER SINGER PUBLICA O LIBRO “LIBERACIÓN ANIMAL”

Con este libro, o filósofo australiano Peter Singer iniciou o debate en torno á ética animal e  inspirou o  traballo de moitas outras persoas. “Animal Liberation” contribuiu de xeito significativo ao crecemento do movemento animalista e tamén influiu en moita xente para adoptar o
veganismo e a volverse activistas en defensa dos animais.

A idea central do libro é que deben ser igualmente considerados os intereses de todos os individuos que poden sufrir e disfrutar.

 Así, a consideración desigual de intereses baseada na especie dos individuos debe ser rexeitada como unha forma máis de discriminación —especismo—, tan carente de xustificación coma o racismo ou o sexismo.

Ademáis, calquera intento de trazar unha diferencia moral entre humanos e non humanos está condenada ao fracaso. O argumento de ética animal,  chamado “argumento da superposición das especies”, di que non importa a característica á que apelemos pois sempre haberá algúns seres humanos (por diversidade funcional ou outras circunstancias) que non a posuirán e non por elo deixamos de considerarlos moralment
e. O que temos que concluir é que a igual consideración de intereses debe ser extendida máis aló da especie humana, incluíndo a todos os seres sentintes, humanos e non humanos.

Singer tamén nos di que sempre que estea ao noso alcance debemos actuar con obxecto de prever ou reducir o sufrimento. Se o sofrimento importa, haberá de ser así independentemente de quen o sofra. Deste xeito, as mesmas razóns que temos para prever e reducir os danos que sofren os seres humanos son tamén razóns para prever e reducir os danos que padecen os animais doutras especies. Na práctica, isto implica adoptar o veganismo, rexeitando participar de todas aquelas actividades que xeran sofrimento aos outros animais, e traballar activamente pola abolición de toda forma de explotación animal.


15 de outubro de 1978 PROCLAMACIÓN DA “DECLARACIÓN UNIVERSAL DOS DEREITOS DOS ANI
MAIS”

A declaración foi adoptada pola Liga Internacional dos Dereitos do Animal e as Ligas Nacionais afiliadas na terceira reunión sobre os dereitos do animal, celebrada en Londres do 21 ao 23 de setembro de 1977. Proclamada o 15 de outubro de 1978 pola Liga Internacional, as Ligas Nacionais e as personas físicas que se asocian a elas. Aprobada pola Organización das Nacións Unidas para a Educación a Ciencia e a Cultura (UNESCO) e posteriormente pola Organización das Nacións Unidas (ONU).

A Declaración Universal dos Dereitos dos Animais é unha declaración de principios, non ten forza legal. Inclínase por unha postura acorde coa doctrina dos movementos animalistas, que manteñen que a vida é de todos e o ser humano non pode adoptar unha postura antropocéntrica, contraria á propia natureza; cómpre a existencia dun cód
igo moral biolóxico no que se teña en conta o respecto cara a todas as especies vivintes, sen que se adopten categorías xerarquizadas e tomando como fundamento esencial o dereito á vida, ao non sofrimento ou maltrato doutras especies.

Esta concepción proteccionista sobre o outorgamento de dereitos aos animais conleva unha educación social de respecto e amor cara aos animais, que deberá promoverse dende a infancia do individuo, segundo fai constar a propia Declaración Universal.


No ano 1979 INSTITÚESE O “DÍA MUNDIAL DO ANIMAL DE LABORATORIO”

O 24 de abril do 1979 a Asociación Internacional contra os Experimentos Dolorosos nos Animais (IAAPEA, fundada en 1969), instituiu o “Día do Animal de Laboratorio”. Esta iniciativa foi apoiada pola ONU e a data estableceuse a nivel internacional.

Dende entonces os activistas de organizacións defensoras dos dereitos dos animais se pronúncianse en contra das probas con animais vivos. Nelas os animais son sometidos a innumerables experimentos –a menudo moi dolorosos– para observar a reacción do organismo aos novos produtos que serían utilizados posteriormente polo home. Utilízanse ratos, cobaias, coellos, gatos, monos e cans, así como aves, réptiles e peixes. A tasa de mortalidade en animais de laboratorio sitúase en millóns de exemplares aos que chaman “suxeitos”. Organismos en defensa destes animais sinalan que se os animais non morren durante o experimento, soen ser sacrificados unha vez que este remata.

Cada 24 de abril, os defensores dos animais organizan accións para chamar a atención sobre o problema da experimentación animal e propoñen métodos alternativos. Actualmente, “máis do 80% da experimentación en animais céntrase na industria cosmética e na da hixiene, a pe
sar de que existen métodos seguros e máis humanos para probar produtos sen ter que empregar animais. Segundo Daniela Romero, directora de AnimaNaturalis Internacional, debemos ser consumidores responsables e promover as marcas de produtos libres de crueldade. Daniela lembra  que “moitos países xa aprobaron leis que prohíben a experimentación en animais. No caso de Italia, India, Israel e Ar¡xentina, ou recentemente, a Unión Europea”.



CALENDARIO

26 de xaneiro: Día da Educación Ambiental

20 de febreiro:​​ Día Mundial da Xustiza Social

5 marzo: Día mundial da eficiencia enerxética

15 de marzo:​ Día Internacional contra a caza de focas

20 de marzo:Día Mundial sen carne

21 de marzo:  Día Internacional das Fragas /// Día Mundial para a eliminación da discriminación racial

22 de marzo: Día Mundial da Auga

16 de abril:​  Día Mundial contra a escravitude infantil

22 de abril: Día da Terra

24 de abril:​  Día Mundial dos Animais en laboratorios

2º sábado de maio: Día Internacional das Aves

22 de maio: Día Internacional da Diversidade Biolóxica

30 de maio: Día Mundial sen tabaco  —  Fumar faite cómplice da tortura animal

5 de xuño:  Día Mundial do Medio Ambiente​

8 de xuño: Día Mundial dos Océanos

17 xuño: Día Mundial da loita contra
a desertificación e a sequía

20 de xuño:  Día Mundial do Refuxiado

Do 23 ao 29 de xuño:  Sanjuanes de Coria

25de xuño:​  Día Mundial contra a Tauromaquia

26 de xuño: Día Mundial en apoio das vítimas da tortura

Do 7 ao 14 ​de xullo:Encerros dos ​Sanfermines

martes de setembro:​ Torneo do “Toro de la Vega”

16 de setembro: Día internacional da preservación da capa de ozono

21 de setembro: Día Internacional pola Paz

23 de setembro: Día Internacional contra a explotación e táfico de mulleres, nenas e nenos.

Última ​semana de setembro:​ Becerradas Cadafaleras de Algemesí

2 ​​de outubro:​ Día dos Animais de Granxa                                     

​4 ​​de outubro: Día Mundial dos Animais /// Día de San Francisco de Asís, Patrón da Ecoloxía   ​​​

​2º sábado de outubro: Día Mundial das Aves

10 de outrubro: Día Mundial contra a pena de morte​       

14 ​​de outubro:​​ Día Internacional contra a caza de golfiños

18 de outubro: Día de Protección á Natureza

​1de novembro:​ Día Mundial do Veganismo​

Noite do 12 ao 13 ​de novembro: Toro Júbilo de Medinaceli​

16 < span class=”font_10″>de novembro: Día Internacional para a tolerancia

29 de novembro: ​Día Internacional Sen Peles

2 de decembro: Día Internacional para a abolición da esclavitude

10 ​​de decembro: Día dos Dereitos Humanos /// Día dos Dereitos dos Animais non humanos

20 de decembro: Día Internacional da Solidariedade Humana​

24 e ​​25 de decembro: Nadal sen crueldade /// Nadal vegano