E QUE FOI DE…?

Keiko, a orca que interpretou a película “¡Liberad a Willy!”

 

Keiko foi capturada preto de Islandia en 1979, cando tiña uns dous anos.Foi vendida primeiro a un acuario de Islandia, despois a un parque de atraccións de Canadá e en 1985 a outro de México. Alí pasaba medio día actuando para os visitantes e outro medio nun pequeno habitáculo no que non podía moverse e onde a agua apenas lle cubría o lombo. Sen embargo en 1990 Hollywood estaba buscando unha orca para protagonizar a película “¡Liberad a Willy!” e Keiko foi o elixido. Foi tal o éxito da película que se fixeron dúas secuelas máis. En 1995 a revista Life publicou un artígo no que se daban a  coñecer as deplorables condicións en que vivía Keiko, o que motivou que se iniciase unha campaña a nivel mundial para devolverlle a súa liberdade. Co millonario Craig McCaw e a produtora Warner Bross  á cabeza, iniciouse unha campaña que tomou o nome da película.

 Para liberar a Keiko foron necesarios, a parte das donacións de Warner e McCaw, catro aos e máis de 20 millóns de dólares donados por particulares. Coa fin de aclimatala á vida en liberdade fíxose un fogar en Oregón, onde recuperou en pouco máis dun ano unha tonelada de peso. En 1998 foi levada a Islandia e alí estivérona entreando para a vida salvaxe. Finalmente chegou a liberaron en xullo 2002, sen embargo, ao ser capturada moi xove, Keiko nunca aprendeu a comunicarse coas demáis orcas. Así, decidiron trasladala a Noruega e unha vez alí instalouse en Halsa, onde permitía que a poboación interactuase con ela. Morreu repentinamente en decembro de 2003, cando tiña uns 23 anos  (unha idade importante para unha orca en cativerio, pero moi curta para unha en liberdade). Se lle fixeron uns servicios fúnebres no Oregon Coast Aquarium.

r


A VERDADEIRA HISTORIA DOS ANIMAIS ACTORES

Artax, Flipper, Babe, Lassie, Chita, Akili… “estrelas do cine sen recoñecemento nin luxo”

A VERDADE ACERCA DOS ANIMAIS ACTORES