PROXECTO ANEL

En torno a finais dos 90, coa chegada de creadores de contidos á Internet, os espazos con temas afíns comezaron a organizarse en estruturas anulares, compartindo ligazóns ente si como forma de buscar visibilidade, pois os buscadores daquela época eran moi precarios (aínda non existía Google). A sucesión entre ligazóns hermanadas marcaba un roteiro de navegación circular para visitar diferentes espazos ata chegar de novo ao punto de partida. A este fenómeno déuselle en chamar “anel”.

No internet de hoxe isto dilúese nunha competencia entre espazos á hora de compartir. No noso proxecto rescatamos idea do “anel” co obxectivo de crear unha unión na que compartir en vez de competir, creando unha conexión entre todos os centros educativos con inquedanzas e ganas de traballar a empatía cara aos animais e o coidado do medio ambiente nos seus currículos.

Sendo sabedores de que en moitos centros
educativos de primaria e secundaria, existen profesores/as e alumnos/os especialmente sensibilizados con estes temas, convidámosvos a que compartades aquí o voso traballo ou o voso interese por formar parte deste proxecto ( enviade un correo a: animalprofe@gmail.com).

Sobre o gráfico aparecerá o nome do voso centro e debaixo tamén nun listado coa ligazón ao lugar web do voso traballo.

Desexamos construir un anel moi grande e para iso necesitamos a implicación do teu centro!

Únete ao Proxecto Anel!


  IES ESPIÑEIRA