RELIXIÓN

ACTIVIDADES EDUCACIÓN RELIXIOSA


ACTIVIDADE 1:                                                                                                                                        

ESO- “LAUDATO SI”: En contra do  maltrato animal e a degradación de planeta.

Enunciado:  Consultando a documentación que se adxunta, traballa sobre os contidos e a mensaxe da encíclica “Laudato si”.

Obxectivos:  Coñecer a encíclica do Papa Francisco do 2015/  Sensibilizar
cara a protección dos animais e coidado do medio ambiente.

FICHA- IMPRIMIR

ENLACES: SELECCIÓN DE VÍDEOS: “A ENCÍCLICA LAUDATO SI EN CAPÍTULOS”

Vídeo 1: “Introdución” // Vídeo 2: “Capítulo 1” // Vídeo 3: “Capítulo 2” // Vídeo 4: “Capítulo 3 (I)” // Vídeo 5: “Capítulo 3 (II)” // Vídeo 6: “Capítulo 4” // Vídeo 7: “Capítulo 5” // Vídeo 8: “Capítulo 6”


ACTIVIDADE 2: 

ESO/BAC – SENSIBILIZANDO Á IGREXA SOBRE A CUESTIÓN ANIMAL: TOMASZ JAESCHKE

Obxectivos: Coñecer ao sacerdote e a súa campaña/ Investigar sobre o seu labor en favor dos animais/ Debatir sobre a postura do sacerdote e compatibilidade coa Igrexa contemporánea/ Reflexionar sobre o trato que como sociedade damos aos animais e a súa diverxencia cos valores que promove a relixión cristiana.

Tomasz Jaeschke: O Sacerdote que Ama aos Animais…
Tomasz Jaeschke é un sacerdote austríaco e fervente animalista, que lanzou unha “cruzada” persoal para sensibilizar á Igrexa sobre os dereitos eas condicións dos animais. A súa iniciativa chámase “Quo vadis Vatikan!”.

ACTIVIDADE 3:

BAC – ENTREVISTA A MONSEÑOR MARIO CANCIANI

Obxectivos: Coñecer a postura que Monseñor Mario defende como membro integrante da Igrexa/ Informar do debate existente na institución respecto da cuestión animal/ Debatir sobre a verosimilitude do que conta Monseñor Mario e a coherencia do seu discurso respecto do da Igrexa tradicional/ Valorar unha posible actualización dos preceptos da Igrexa de cara á defensa dos dereitos dos animais / Reflexionar sobre o afastamento dos valores da relixión cristiana no trato que como sociedade damos aos animais en tanto seres senten e sufren igual ca nós.


ACTIVIDAD 4:

BAC- Andrew Linzey. Do paradigma xerárquico na creación á fraternidade cósmica

Coñecendo a Andrew Linzey

Sobre o seu libro OS ANIMAIS NA TEOLOXÍA 

A súa web: http://www.oxfordanimalethics.com/who-we-are/director/

Andrew Linzey, sacerdote Anglicano, teólogo, autor dunha veintena de libros, máis de cen artígos e figura notable no movemento do Cristianismo Vexetariano, é membro da Facultade de Teoloxía na Universidade de Oxford e profesor de Teoloxía Animal na Universidade de Winchester. Adicionalmente, foi o primeiro profesor de Ética Animal na Graduate Theological Foundation de Indiana. É considerado un dos pioneiros que vinculan a teoloxía e a ética na reflexión crítica sobre o estatus moral dos animais. Traballou conxuntamente con Tom Regan, outro dos pioneiros no movemento dos dereitos dos animais.


La imagen tiene un atributo ALT vacío; su nombre de archivo es papa-1024x544.jpg

INSTITUTO DE ZOOLOXÍA TEOLÓXICA – (en alemán : Institut für Theologische Zoologie).

Departamento da Universidade de Münster (Alemaña), fundado en 2009. Pertence á facultade católica de dita Universidade, e o seu obxectivo é ubicar aos animais nun contexto teolóxico cientificamente fundamentado. Os directores do instituto son Rainer Hagencord e Anton Rotzetter, ambos con formación teolóxica e biolóxica católica . 


SAN FRANCISCO DE ASÍS
SAN ROQUE



Relixión e animais



'San Jerónimo y el león en su estudio'. Niccolò Antonio Colantonio. Museo Nacional de Capodimonte, NápolesA Igrexa católica ante o trato aos animais: dilema e incoherencia. EL DIARIO.ES


O Concilio de Trento.


O “Jainismo”, a relixión que máis respecta aos animais.

https://www.biobiochile.cl/noticias/2012/01/23/sociedad-internacional-de-sacerdotes-animalistas-todo-por-los-sin-voz.shtm