SEMANA FAUNA CURSO 2023 – 2024
CONSUMO ÉTICO COS ANIMAIS E A NATUREZA
Un ano máis seguimos traballando no Espiñeira na concienciación sobre a nosa relación cos animais non humanos e a natureza. Esperamos que este esforzo xermole no futuro das nosas rapazas e rapaces!. Dende o Espiñeira animamos ós centros educativos a poñer en práctica este proxecto interdisciplinar con gran valor no desenvolvemento emocional, social, cultural e sobre todo ético do alumnado. Mil grazas a todxs!.
Velaquí un resumo do que fixemos nestes intensos cinco días…
31/05/24 – DÍA 5: DOCUMENTAL, MERCADIÑO BENÉFICO E CHARLA. PREME NAS FOTOS PARA ACCEDER Á GALERÍA.
O derradeiro día comeza coa proxección inesperada do documental “Empatía” para o alumnado de 1º de CSAF, respondendo á súa solicitude a pesar de non estar programada.
Máis tarde, no recreo, o equipo voluntario de BioÉtica monta outro mercadiño, esta vez con obxectos de segunda man doados por membros da comunidade educativa nos días anteriores. Unha vez máis todo o recadado destinarase a cubrir gastos das protectoras de animais da bisbarra.
A charla de Ruth Montiel Arias sobre a explotación de animais para entretemento no turismo clausura a Semana Fauna por todo o grande. Nela a artista visual e activista polos dereitos dos animais, comparte o seu material gráfico e as súas experiencias co alumnado de 3º e 4ºESO. É un pracer ter podido contar de novo contigo, Ruth. Grazas!.
E máis traballos…
30/05/24 – DÍA 4: OBRADOIRO E PELÍCULA. PREME NAS FOTOS PARA ACCEDER Á GALERÍA.
Xa superado o ecuador da semana o ritmo de traballo non baixou. O noso alumnado voluntario de 1ºBAC imparte un obradoiro a compañeras e compañeros de 3º e 4ºESO. A temática é o etiquetado de produtos comerciais e o obxectivo é aprender a identificar as iconas e nomes que aparecen nos envases e forman parte da composición dos mesmos. Dunha maneira moi didáctica clasifícanos en cinco grupos: alimentación, cosmética e hixiene persoal, roupa e complementos, calzado e hixiene do fogar. Como non podía ser doutro xeito na Semana Fauna, incidimos no coñecemento e identificación de todos aqueles símbolos que nos axudan a discernir entre produtos libres de sufrimento animal e os que non o son, así coma os respectuosos co medio ambiente.
Abranguendo as dúas últimas sesións da mañá os grupos de 1º e 2ºESO asistiron no salón de actos á proxección da longametraxe “Okja”. Aínda que non é a primeira ocasión que facemos uso deste xenial filme, o alumnado non o coñecía e gozou das dúas horas de duración. Pensamos que “Okja” encaixa moi ben no tema da Semana Fauna deste ano, pois dende a ficción establece unha analoxía coa industria de explotación de animais para alimentación, tocando tamén outros aspectos coma o da experimentación. Esta xoia do cine é altamente recomendable para nenxs e adultos!. Está dispoñible en Netflix e á venda en plataformas dixitais.
29/05/24 – DÍA 3: DOCUMENTAL E MERCADIÑO BENÉFICO. PREME NAS FOTOS PARA ACCEDER Á GALERÍA.
O primeiro acto de hoxe foi a proxección do documental “Food For Profit” para o alumnado de 1ºBAC. Trátase do resultado dun traballo de investigación de cinco anos respecto do que acontece no parlamento europeo debido á presión do lobby da industria cárnica. O filme non deixa indiferente a ninguén, por iso recomendámolo e deixamos a ligazón da súa web aquí: https://www.foodforprofit.com/es/documental/
Baixo o lema “Enche de verde o planeta e axuda á protectora”, o alumnado de BioÉtica montou o primeiro mercadiño benéfico da semana durante o recreo. Nesta ocasión vendíanse gromos de prantas que anteriormente reproducimos no noso viveiro en macetas doadas e reutilizadas. Os beneficios destinaranse ás protectoras de animais da nosa zona.
E engádense máis traballos á nosa exposición. Desta volta unha especial colaboración doutro centro educativo, o IES A Cachada, no que o alumnado de 3ºESO C, xunto coa súa titora, elaboraron unha presentación interactiva sobre a temática da experimentación con animais en cosmética. Inspiradxs na escena da película “Matrix” na que Neo debía elixir que pílula escoller, as rapazas e rapaces idearon un percorrido amosando vídeos nos que elxs mesmxs nos explicaban os resultados do seu traballo de investigación. Fantástico o resultado, parabéns e moitas grazas por participar!.
28/05/24 – DÍA 2: DOCUMENTAL, OBRADOIRO E CHARLA. PREME NAS FOTOS PARA ACCEDER Á GALERÍA.
Comezamos a xornada coa proxección do documental “Empatía”, de Ed Antoja e FAADA, para os grupos de 3º e 4º ESO. Non podemos deixar de recomendalo e por iso deixamos aquí a ligazón á súa web oficial: https://documentalempatia.com/
No recreo voluntarias da Comisión BioÉtica fixemos un obradoiro de fabricación de cola caseira para as manualidades do centro. A mestura baseada en produtos de orixe vexetal xa a levamos usando tres anos, por ser inocua para a contorna natural, para a nosa saúde e por suposto para os animais, xa que nin a súa composición nin a súa experimentación os usan. Compartimos a receita para quen a queira usar nas súas clases ou na casa. É doada de facer e cunde moito!.
Cara o final da mañá os grupos de 1º e 2ºESO puideron gozar da compaña de Marisa (coordinadora en España da Fundación Jane Goodall), quen a través de video conferencia ofreceu ó alumnado unha didáctica charla sobre o trabajo da Fundación no Congo e máis concretamente o rescate e reintrodución na selva de primates víctimas do furtivismo.
Os traballos do alumnado seguen chegando dende as diferentes materias: 1ºESO de Lingua Galega co “Libro negro do ocio e do turismo”, 1ºESO de Bioloxía con “Animais do cine”, 1ºESO EPVAv con “Historias de animais en banda deseñada” e BioÉtica con outras instalacións.
Tamén exercicios na aula, como a presentación realizada polo departamento de matemáticas, con actividades para resolver polo alumnado de 4ºESO. Ligazón á presentación: https://view.genially.com/6674065f007b7100133f270c/interactive-content-matematicas-semana-fauna-2024
27/05/24 – DÍA 1: ACTO DE APERTURA E CHARLA. PREME NAS FOTOS PARA ACCEDER Á GALERÍA.
1º día da SEMANA FAUNA no IES Espiñeira.
Non puido comezar mellor. No acto de apertura durante o recreo alumnado da Comisión BioÉtica realizou unha performance amosando cifras e documentos gráficos sobre o impacto do noso consumo no resto de especies. O certo é que non o puideron facer mellor, transmitir unha información de tal dureza non é doado!. Grazas e parabéns rapazas e rapaces!.
Seguidamente Pablo Neira, da Facultade de Filosofía da USC, agasallounos cunha interesantísima charla obradoiro en 1ºBAC, sobre as consecuencias que as nosas decisións de consumo teñen nos animais que explotamos dende a perspectiva da ética. A actividade invitou á reflexión e abriu debate. Cumpríronse os obxectivos, grazas Pablo!.
Durante esta xornada colocamos polo centro os primeiros traballos do alumnado dende as diferentes materias e departamentos colaboradores (hoxe están Lingua Galega de 2ºESO, Matemáticas de 1ºESO, Francés de 3ºESO, EPVAv de 1ºESO e BioÉtica). Este ano o rastrexo de datos sobre explotación animal foi a tónica predominante. Para concienciarnos primeiro debemos coñecer a realidade que no caso dos animais é bastante máis dramática do que se nos amosa na nosa sociedade de consumo. Valorando a información veraz e obxectiva e as consecuencias dos nosos hábitos, estaremos preparadxs para escoller opcións consecuentes.
SEMANA FAUNA CURSO 2021 – 2022
TURISMO RESPONSABLE COS ANIMAIS
13/05/22 – DÍA 5: DOCUMENTAL ULISSES PARA 3º ESO, OBRADOIRO E ACTO DE CLAUSURA.
Comezando a mañá o alumnado de 3º ESO puido asistir á proxección do documental “Ulisses” e posteriormente ver a entrevista a Albert López. Ao igual que o martes co alumnado doutros cursos, o documental no deixou indiferente a ninguén, pois a narrativa e as imaxes falan por si soas.
Continuamos cos obradoiros. Cada vez máis animadxs xs participantes decoran as camisetas sumándolle ás plantillas o seu toque creativo. Chulísimas!.
Rematamos o día e rematamos a Semana Fauna, cunha mestura de emocións positivas por todo o vivido e de morriña polo rápido que pasou. Un ano máis aprendimos moitas cousas, cousas que nos serán moi útiles á hora de relacionarnos cos demáis animais, á hora de construir unha sociedade que de verdade os respecte, sen abusos, sen dor, sen explotación, unha sociedade amiga dos animais, humanos e non humanos. Grazas a todxs xs que contribuístes a que esta cuarta edición tivese sido posible. Ata o ano próximo!.
12/05/22 – DÍA 4: INAUGURACIÓN DO LOCAL DE BIOÉTICA E CHARLA PARA 1º, 2º E 3º ESO.
Durante o recreo do xoves presentamos formalmente á comunidade educativa o noso local de BioÉtica no centro. Aberto durante todos os recreos para todas as persoas que queiran achegarse a resolver dúbidas, facer propostas, participar nalgunha actividade ou simplemente por curiosidade, grazas ao alumnado voluntario deste grupo que se coordinou para facer turnos diarios de atención, ben por elxs!.
Nun acto emotivo non puidemos deixar de agradecer novamente á dirección do centro a súa total implicación neste tan necesario e bonito proxecto, deixándonos facer e desfacer e poñendo ó noso servizo multitude de recursos. Tamén ó profesorado que con total respecto apoia e traballa na iniciativa e por suposto, cómo non, ao propio alumnado voluntario, porque sen a súa participación e as súas gañas de mellorar o mundo para os animais isto non tería saído adiante.
A pesar da emotividade do acto non se nos pechou o apetito e como en toda inauguración ó bo uso, degustamos aperitivos, gominolas e refrescos, por suposto, libres de sufrimento animal.
Despois do recreo Andrea Torres de FAADA (Fundación para o Asesoramiento e a Acción en Defensa dos Animais) impartiu unha didáctica charla sobre “Turismo responsable cos animais” para os grupos de 1º, 2º e 3º ESO. Dado que non había outra posibilidade a charla foi por video conferencia pero non por iso deixou de captar a atención do alumnado, pois o xeito de expoñer o tema por Andrea e a información tan interesante que compartiu foron motivos máis que suficientes para ternos engachadxs á pantalla durante toda a sesión. Grazas Andrea, grazas FAADA, por axudar á formación do noso alumnado no trato respectuoso cara os animais.
11/05/22 – DÍA 3: OBRADOIRO DE CAMISETAS ANIMALISTAS, CHARLA PARA 4ºESO E 1ºBAC. PREME NAS FOTOS PARA ACCEDER Á GALERÍA.
Alumnado de BioÉtica preparou un obradoiro de camisetas para decorar con prantillas. ¡Bravo polas nosas voluntarias e voluntarios, botando unha man coas actividades!.
Despois do recreo Ruth Montiel, artista visual e activista polos dereitos dos animais, compartiu co alumnado de 4º ESO e 1º BAC a súa experiencia nun santuario de primates de EEUU, así coma os abusos aos que estes animais foron sometidos e as súas consecuencias. Como boa artista visual tamén ilustrou a súa charla cunha espectacular reportaxe fotográfica e o seu proxecto “El 2%” , dispoñible en montielarias.com. Moitísimas grazas Ruth, por compartir as túas experiencias e o teu traballo con nós.
O alumnado de matemáticas de 2º ESO presenta o seu traballo de estatística sobre a explotación de animais en actividades turísticas.
10/05/22 – DÍA 2: DOCUMENTAL, ITINERARIO TURÍSTICO, DOCUMENTAL E CHARLA COLOQUIO. PREME NAS FOTOS PARA ACCEDER Á GALERÍA.
Este martes comezou coa proxección do documental “The Cove” na biblioteca do centro. Unha realidade dura sobre o exterminio de miles de golfiños na bahía de Taiji, en Xapón. Nesta ocasión o público conformábano alumnas e alumnos de 4º ESO e 1º BAC.
Nas horas de titoría o alumnado de 1º e 2º ESO puido percorrer acompañado do profesor, un circuito preparado pola organización que se extendía a dous andares do centro e no que ademáis dos traballos dos diferentes grupos en diferentes áreas, amosábase tamén información sobre boas e malas prácticas cos animais no turismo e alternativas para un turismo responsable. O alumnado tamén podía atopar no percorrido actividades de reflexión que podía resolver de xeito individual ou en grupo.
Xa pola tarde, de novo o alumnado de 4º ESO e 1º BAC puido ver o documental “Ulisses” sobre a desfortunada vida da orca apodada con ese mesmo nome e posteriormente un coloquio cun dos seus protagonistas, Albert López, entrenador durante algún tempo de Ulisses e actualmente activista na loita contra os delfinarios.
Un verdadeiro privilexio poder contar de primeira man co teu testemuño. Moitas grazas pola túa amabilidade e atención Albert.
09/05/22 – DÍA 1: ACTO DE APERTURA E DOUMENTAL. PREME NAS FOTOS PARA ACCEDER Á GALERÍA.
Durante o recreo do luns convocamos a toda a comunidade educativa no posto de información do turista responsable, para presentar formalmente o inicio desta 4ª edición da Semana Fauna. Tras unhas motivadoras palabras explicamos os cambios con respecto a anos anteriores. Nesta ocasión escollemos o tema do Turismo responsable cos animais, en consonancia con outros dos proxectos que se están a desenvolver no centro, un de “Sostibilidade” e un programa Erasmus de “Ecoturismo”. Unha suma de actividades que dan unidade a todo este plan de acción.
Despois do recreo, o alumnado de 1º e 2º ESO puido gozar da proxección do documental “Kedi, gatos de Estambul” no Salón de Actos, para posteriormente compartir comentarios/reflexións e debater.
XXXXXXXXXXXXXXXX
SEMANA FAUNA CURSO 2020 – 2021
22/06/2021 – ENTREGA DE PREMIOS: 1º E 2º POSTO. PARABÉNS!
28/05/2021 – XA PODES VOTAR O TEU VÍDEO GAÑADOR (Accede á web premendo na imaxe).
14/05/2021 – DÍA 5: PREME NAS FOTOS PARA ACCEDER AO ÁLBUM
Último día da Semana Fauna e último día do obradoiro de camisetas. Esta actividade foi moi ben acollida e sen dúbida mellorarémola e repetirémola na próxima edición. As ” últimas fornadas” de camisetas activistas polos dereitos dos animais xa saíron, e quedaron chulísimas!. É que temos uns alumnos e unhas alumnas de 1º ESO que son verdadeiros e verdadeiras artistas!.
Logo do recreo, Nuria Zurita, licenciada en Ciencias Ambientais, cun doutorado en xestión biolóxica do comportamento do lobo e especializada na conservación do lobo, ambiental e o rural, falounos sobre a convivencia do lobo e o humano, co obxectivo de desestigmatizar ao primeiro e coñecelo para entender a necesidade da súa conservación e dano que lle estamos a causar.
Continúan as instalacións polos diferentes espazos do centro. Desta volta traballos de 3º ESO.
Rematamos a semana cunha chea de emocións, esperando nesta terceira edición, ter facilitado ao noso alumnado algunhas ferramentas necesarias para a formación do espírito crítico e o desenvolvemento da súa empatía polos animais humanos e non humanos. Ler máis…
13/05/2021 – DÍA 4: PREME NAS FOTOS PARA ACCEDER AO ÁLBUM
O día de hoxe estivo protagonizado pola nosa sección “De animais e medio ambiente” na biblioteca do centro. Ás 11:15 inauguramos este apartado onde de aquí en diante o alumnado terá á súa disposición todo tipo de bibliografía relacionada coa ética animal, así como ambiental. Libros, recursos audiovisuais, revistas e folletos que serán un material útil para a investigación e para o lecer. Esperamos que guste e que se faga un bo uso dela!.
Neste emotivo acto tivemos a sorte de contar co saúdo dalgúns autores e autoras dos exemplares que xa ocupan as nosas estanterías. Agradecemos enormemente a súa colaboración agasallándonos con esas motivadoras palabras que de seguro serán unha semente no ruxe ruxe do noso alumnado. Grazas, amigos animais humanos!.
Despois da inauguración, pase no salón de actos do documental “Empatía”, para alumnado de 4º ESO e 1º BAC. Ao igual que nas xornadas anteriores, abrimos un pequeno debate ao rematar a proxección.
12/05/2021 – DÍA 3: PREME NAS FOTOS PARA ACCEDER AO ÁLBUM
Comezamos o día coa proxección da longametraxe Okja, para os cursos de 1º e 2º ESO. Ao rematar dedicamos un ratiño ao debate, compartindo reflexións, sensacións, opinións…
Despois do recreo o alumnado de 3º ESO baixa ao salón de actos para mirar o documental de David Attenborough, “Unha vida no noso planeta”. Seguido tamén de impresións e comentarios compartidos, mais un pequeno debate.
Simultaneamente continúa o obradoiro de camisetas. O alumnado de 1º ESO imprime coa técnica do estarcido a imaxe animal coa que máis se identifica. Comezan tamén a engadir as súas primeiras mensaxes.
O alumnado de 1º ESO tamén termina de montar a exposición de origami traballada na clase nas pasadas semana. Observando con atención apreciamos que en cada unha das representacións engaden unha lenda personalizada.
11/05/2021 – DÍA 2: PREME NAS FOTOS PARA ACCEDER AO ÁLBUM
A primeira hora novo pase do documental “Febrero, el miedo de los galgos” para 3º ESO B. Logo comentamos en alto as nosas reflexións sobre o tema.
Máis tarde alumnado de 1º ESO participa nas diferentes actividades interactivas en substitución da excursión programada para hoxe e suspendida debido á choiva.
Seguimos colocando cousas polo centro. Hai tantos traballos… Todos os departamentos colaboradores aportaron moito material.
La biblioteca baixa os seus recursos ao vestíbulo…
10/05/2021 – DÍA 1: PREME EN CALQUERA DAS FOTOS PARA ACCEDER AO ÁLBUM
Nesta terceira edición abrimos a semana coa proxección do documental “Febrero, el miedo de los galgos”, para o grupo de 3º ESO A.
A continuación, obradoiro de camisetas animalistas. Alumnado de 1º ESO decora as súas propias camisetas con prantillas. Quedan chulísimas!
Rematando a xornada escolar, alumnado de 1º e 2º ESO asiste á charla “Exótica-mente”, sobre o maltrato e abandono de animais exóticos, a adopción e a tenencia responsable. Impartida por Ángela González Martínez – Doutora en Veterinaria. Máster en Etoloxía Clínica e Benestar Animal. Diplomada Europea en Benestar Animal e Medicina do comportamiento. Responsable do Servizo de Etoloxía do Hospital Rof Codina (USC). En representación da Asociación AGAE ( Asociación Galega de Adopción de Exóticos).
26/04/2021 CONVOCATORIA CONCURSO DE MICROVÍDEOS
SEMANA FAUNA CURSO 2019 – 2020
Debido á situación actual de confinamento, a Semana Fauna será virtual, a través da seguinte web.
XXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXX
SEMANA FAUNA CURSO 2018 – 2019
07/06/2019 –
Publicación en prensa: La Voz de Galicia
03/05/2019 – Relación de vídeos gañadores e participantes no concurso
Vídeo gañador CATEGORÍA A:
Vídeo gañador CATEGORÍA B:
VÍDEOS PARTICIPANTES
Semana Fauna: Gabriela 1eso
Semana Fauna: Hugo 1ºeso
Semana Fauna: Pedro 1ºeso
Semana Fauna: Sabela, Emma 1ºeso
Semana Fauna: Lara 1ºeso
Semana Fauna: Lara S. 1ºeso
Semana Fauna: Marta M. 2ºeso
Semana Fauna: Nuria, Marta, Noa, Natalia, Paula, Iria, Clau
dia 2ºeso
Semana Fauna: Rocío, Sabela 2ºeso
Semana Fauna: Antía G., Sheila, Antía S. 2ºeso
Semana Fauna: Mireya, Jéssica, Paula 3ºeso
ENTREGA DE PREMIOS –
PREME AQUÍ PARA ACCEDER AO ÁLBUM
03/05/2019 – DÍA 4: PREME AQUÍ PARA ACCEDER AO ÁLBUM
Como colofón á Semana Fauna, nas primeiras horas da xornada de hoxe os alumnos de 4º ESO fixeron unha exposición argumentaria respecto da temática do maltrato animal e os abusos e ámbitos de explotación por parte do home. Entre o público atopábanse os grupos de 3ºESO e 1ºBAC. Temos que dicir que a pesares dos nervios fixérono estupendamente e os espectadores percibimos o bo
traballo de investigación que levaron a cabo para preparar o seu discurso. Parabéns a todas/os!.
Durante o recreo novo mercado de 2ºESO e obradoiro de viseiras e camisetas, tamén proxeccións no vestíbulo.
Finalmente, tras o tempo de lecer, charla de Oscar Horta, profesor na facultade de filosofía de Santiago, para falar sobre a cuestión da “Ética animal”. Asistiron os grupos de 2º, 3º, 4ºESO, 1º BAC e alumnado de 2ºBAC e Ciclo de Administración e Finanzas.
02/05/2019 – DÍA 3: PREME AQUÍ PARA ACCEDER AO ÁLBUM
Nesta terceira xornada da nosa semana temática invertimos todos os nosos esforzos en coidar a contorna. O alumnado de toda a ESO, acompañado de ci
nco profes, baixaron á praia de Boiro para facer unha actividade de limpeza. A sorpresa de todos/as foi crecendo ao atopar todo tipo de cousas inimaxinables na area.
Nunha hora encheron un montón de bolsas de lixo, mais a percepción final foi a de que a contaminación é tan grande que precisarían días enteiros para limpar o que o mar trae e o que a xente tira.
Coma homenaxe ao intento de hoxe por axudar ao medio ambiente, todos os grupos deixaon a súa particular “mensaxe ao ceo”: NON MÁIS LIXO NOS MARES.
30/04/2019 – DÍA 2: PREME AQUÍ PARA ACCEDER AO ÁLBUM
29/04/2019 – DÍA 1: PREME AQUÍ PARA ACCEDER AO ÁLBUM
29/04/2019 – Comeza a SEMANA FAUNA. De lu
ns a venres, durante esta semana haberá unha chea de actividades de concienciación e desenvolvemento da empatía cara aos animais. Velaquí o cartafol co programa:
23/04/2019 – DÍA DO LIBRO. Alumnos de 1º ESO venden marcapáxinas con mensaxes animalistas deseñados e elaborados por eles mesmos. Os beneficios serán donados á protectora de animais.
Abril/2019 – CONMEMORACIÓN DO DÍA DO LIBRO O 23 DE ABRIL. Exposición de fondos da biblioteca do IES Espiñeira na vitrina do vestíbulo principal. Temática animalista e medio ambiental.
10/04/2019 – BASES CONCURSO PARA REALIZACIÓN MICROVÍDEO SOBRE
PROTECCIÓN ANIMAL OU MEDIO AMBIENTE
PUBLICACIÓN NA WEB DO IES ESPIÑEIRA LIGAZÓN A BASES
09/04/2019 – Profes, alumnos e alumnas de 1º e 2º de ESO do IES Espiñeira visitaron as instalacións da Protectora de Animais e do Punto Limpo en Vilagarcía de Arousa. Organizan departamentos de Artes Plásticas, Relixión e Filosofía.
Actividade na que educamos para o respecto e
o coidado dos animais e do medio ambiente, sensibilizando ao alumnado de cara á problemática do maltrato , o abandono e o deterioro da nosa contorna e de todos cantos nela habitan.
Resulta incríble pensar como, do xeito máis sinxelo, os animais son capaces de espertar a nosa empatía e o noso sentir máis puro, e precisamente iso buscamos no alumnado de Espiñeira.
A hostilidade presente na sociedade na que lles tocou crecer non axuda en nada ao desenvolvemento da súa intelixencia emocional. Traballando a empatía, informando e vivindo a experiencia ensinamos con maior eficiencia que todos os individuos, persoas ou animais, merecemos vivir as nosas vidas con dignidade e que por tanto ningún tipo de abuso debe ter cabida nelas.
05/04/2019 – PROXECTO INTERDISCIPLINAR NO IES ESPIÑEIRA – SEMANA FA
UNA
Agradecemos a colaboración de todos os departamentos.
10/12/2018 – Actividade conmemorativa do 10 de decembro: Día Internacional dos Dereitos Humanos e dos Animais por alumnos/as do IES Espiñeira. Organiza departamento de Vicedirección.
Alumnos/as de 1º e 4º de ESO e 1º BAC, fan unha intervención no vest
íbulo de entrada do instituto colocando unha selección de artigos da Declaración Universal dos Dereitos Humanos e dos Animais en cada un dos banzos das escaleiras. Tamén, nos cabaletes do descansillo superior expoñen o texto completo das mesmas para consulta de todos os membros da comunidade educativa.
29/11/2018 – Obradoiro da Asociación Micos do Barrio para alumnado de 1º e 3º de ESO no IES Espiñeira. Organiza departamento de Bioloxía e Xeoloxía.
Alumnado de 1º e 3º ESO participa nun magnífico obradoiro organizado polo departamento de Bioloxía e impartido pola Asociación Micos do Barrio, de Santiago de Compostela. O tema: Colonias Felinas.
Grazas ás actividades deseñadas polas ponentes Ángeles e Noemí, e á exposición de casos reais levados pola súa asociación, os/as rapaces/as puideron acceder a información de primeira man sobre o traballo que este tipo de entidades e particulares levan a cabo no día a día para protexer e controlar aos gatiños da rúa, así como labores de limpeza e mantemento dos espazos públicos que os albergan. O noso alumnado aprendeu sobre estratexias, xestión e medios, per
o sobre todo, o máis importante, aprenderon que a solidariedade non sempre precisa de recursos, ás veces a vontade, o compromiso e as ganas de facer son as que moven o mundo.