Conmemoramos o 10 de decembro (Día dos dereitos humanos e animais) informando sobre unha actividade que atenta contra todos éstes e tamén contra o noso planeta. Trátase do CRUTIDO DA PEL para producir o COIRO, unha práctica tremendamente dañina contra os animais, por seren principais vítimas en canto a abusos, torturas e mortes; para as persoas que traballan nas curtidorías, por facelo en condicións precarias e en continuo contacto con tóxicos que provocan enfermidades graves coma o cancro, afeccións na pel ou respiratorias; e tamén para o medio ambiente, dado que o uso de substancias coma o cromo, o chumbo ou o arsénico entre outros químicos vértense contaminando as augas.
Cada ano máis de 1000 millóns de animais son asasiñados co único propósito de utilizar a súa pel para calzado, roupa ou complementos. entre estes animais hai vacas, cabalos, porcos, cabras ovellas e exóticos coma crocodilos, elefantes ou canguros entre outros. Pero todas estas mortes poderían ser evitadas de xeito doado, pois hoxe en día existen alternativas de materiais igualmente eficaces en canto a impermiabilidade, confort ou durabilidade. Os coiros vexetais derivados do ananá, o cactus, o plátano, o millo, o cogumelo, o cáñamo, a uva ou a mazá son só algunhas das propostas que xa ofrece o mercado e que non teñen nada que envidiar ó coiro animal, e a maiores non fan dano a ninguén.