ACTIVIDADE 1:
1º ESO – O REINO ANIMAL
Compartimos unha presentación da organización benéfica inglesa OneZoom titulada “A árbore da vida” e sobre a que os alumnos poderán explorar o Reino Animal ao completo. As follas representan aproximadamente 1,8 millóns de especies vivas coñecidas e as ramas amosan cómo se relacionan entre si, e os antergos comúns que comparten. Ao chegaren ás follas desta árbore poderán facer clic sobre os enlaces á Wikipedia, onde hai máis información de cada un dos animais retratados. Pincha na imaxe e poderás acceder ao programa.
Recursos éticos na aprendizaxe: InterNICHE
Rede Internacional para a Educación Humanitaria cuxo obxectivo primordial é proporcionar unha educación e capacitación de boa calidade e totalmente humanitaria nas disciplinas de medicina humana, veterinaria e ciencias biolóxicas. Preme na imaxe:
Recursos éticos na aprendizaxe: V-Frog ™ 2.0
Tactus Technologies elaborou o V-Frog ™, o primeiro software de disección de ras baseado en realidade virtual (VR) do mundo deseñado para a educación en bioloxía. Cun simple rato e un ordenador persoal básico, un estudiante pode levantar un escalpelo, cortar e abrir a pel da ra e explorar a anatomía e a fisioloxía, coma o faría cunha ra física.
r
ACTIVIDADE 2:
4º ESO: “ANIMAIS EXTINTOS”
ACTIVIDADE 3:
1º BAC: “O ADN QUE COMPARTIMOS”
ACTIVIDADE 4:
3º ESO- PIRÁMIDE ALIMENTICIA VEXETARIANA