ACTIVIDADES EDUCACIÓN PLÁSTICA VISUAL e AUDIOVISUAL
ACTIVIDADE 1:
1º ESO- PROCESO DE COMUNICACIÓN VISUAL: ELEMENTOS
Enunciado: Completa o esquema debuxando os diferentes elementos que interveñen no proceso de comunicación visual.
Obxectivos: Coñecer os elementos que interveñen no proceso de comunicación visual / Debatir sobre a m
ensaxe do cartel. / Sensibilizar cara a problemática do abandono de animais.
ACTIVIDADE 2:
3º ESO- COMUNICACIÓN VISUAL: ANÁLISE DE IMAXES
Enunciado: Fai unha análise detallada do seguinte cartel, dende o punto de vista obxectivo e subxectivo. Resposta ás cuestións que aparecen na ficha.
Obxectivos: Analizar obxectiva e subxectivamente. / Debatir sobre a mensaxe do cartel. / Sensibilizar cara o sufrimento do touro na tauromaquia ou dos animais explotados nos espectáculos.
ACTIVIDADE 3:
ACTIVIDADE 4:
4º ESO- PROXECTO EDUCATIVO PARA A IGUALDADE NO MARCO DO PLAN PROXECTA E A SEMANA FAUNA DO CURSO 2019/2020
Enunciado e descrición AQUÍ
ACTIVIDADE 5:
1º ESO- A BANDA DESEÑADA.
Fase 1- Lectura e documental. Lectura recomendada para o alumnado: REFUGIO, José Fonollosa. Este libro, ao ser un cómic baseado en experiencias reais nunha protectora, resulta unha ferramenta ideal para conxugar o tema curricular e a protección animal. Documental recomendado: DESPROTEGIDOS, longametraxe que partindo da Fundación Protectora de Animais de Navarra profundiza en diversos temas coma o maltrato animal, o abandono o os dereitos dos animais.
Fase 2- Actividade: CREA A TÚA BANDA DESEÑADA!. Enunciado: Tras consultar todas estas ligazóns, penso que xa estás preparadx para a última tarefa: a creación dunha banda deseñada na que aplicarás todo o aprendido. – O xeito no que tes que crear, o tipo de debuxo, os distintos planos que deberías usar e o que vas poñer en cada viñeta pódelo repasar nos apuntes. – O tema, a historia, o que vas contar, lóxicamente estará relacionado coa PROTECCIÓN ANIMAL, e máis concretamente co abandono de animais ou o seu cativerio (en zoos e acuarios). Con todo isto, agora debes poñerte a pensar no que queres contar e cómo o vas contar. A plantilla que deberás usar está na seguinte LIGAZÓN
Obxectivos: Aprender a linguaxe da banda deseñada e ser quen de comunicar a través da imaxe secuencida / Reflexionar sobre o tema do abandono e o maltrato animal como unha consecuencia do comercio das súas vidas e a súa cosificación / Empatizar co seu sufrimento e valorar o labor do voluntariado que os axuda, dende organizacións a individuos / Ensinar que unha persoa soa pode ser determinante para salvar a vida dun animal.
ACTIVIDADE 6:
1º ESO- ELEMENTOS DA LINGUAXE PLÁSTICA E VISUAL, O
VOLUME: ORIGAMI
Enunciado: Utiliza a técnica da papiroflexia para construir un animal en volume. Logo busca información sobre dito animal e adxúntao á mesma coidando a presentación, pois formará parte dunha exposición conxunta sobre fauna no corredor do centro.
Obxectivos: Coñecer a técnica do origami e a súa orixe/ Identificar o volume como o elemento da linguaxe plástica e visual de tres dimensións/ Interpretar imaxes en 2D (planos e instrucións) para elaboralas en 3D/ Achegar o coñecemento ao mundo dos animais e empatizar coas súas necesidades/ Aprender a respectar a natureza de cada especie animal.
ACTIVIDADES DE DESEÑO —- BACHALERATO DE ARTES
ACTIVIDADE 7:
2º BAC – Creación de obras en técnica libre e temática animalista para exposición colectiva.
Contexto: Semana temática 2017 do IES Praia Barraña, “Ética e Dereitos dos animais”.
LIGAZÓN EXTERNA (IES Praia Barraña)