CCSS-XEOGRAFÍA e HISTORIA

ACTIVIDADES XEOGRAFÍA E HISTORIA


ACTIVIDADE 1 (HISTORIA):                                                                                                                                        

ESO – LIÑA DE TEMPO

Enunciado:  Realiza un traballo de investigación sobre a evolución da relación do home cos animais ao longo da Historia. Logo elabora unha liña do tempo na que situar os acontecementos máis importantes ou puntos de inflexión (paso da agricultura á gandería,
produción en serie, uso do animal en espectáculos, uso en laboratorios, animais exóticos fóra do hábitat, industria de produtos de orixe animal, nacemento do movemento animalista,,,)

Obxectivos:  Saber buscar, seleccionar e sintetizar a información nun traballo de investigación / Elaborar unha liña de tempo / Coñecer momentos clave na historia a través da evolución das relacións entre humanos e animais/ Reflexionar sobre o uso que o humano fixo dos animais no pasado e na actualidade/ Desenvolver a empatía a través da observación e o debate.

Competencias clave: Aprender a aprender/Competencia en comunicación lingüística/ Competencia dixital/ Competencias sociais e cívicas.

ENLACE: Relacións entre animais humanos e
non humanos ao longo da Historia


ENLACE: (XEOGRAFÍA)- IMPACTO DO CLIMA NOS ANIMAIS: CAMBIO CLIMÁTICO E DESASTRES NATURAIS


ACTIVIDADE 2 (HISTORIA):

4º ESO – Cher Ami e a II Guerra Mundial: O papel das pombas nos conflitos bélicos.

Enunciado:  En contra da idea que se soe ter das pombas e de que en múltiples ocasións se lles impoña o alcume de “ratas do ceo” como algo pexorativo, a realidade é que estes animais salvaron moitas vidas humanas. Busca información relacionada primeiramente co t
ítulo desta  actividade e logo sobre as actividades da “colombofilia” e o “tiro ao pichón”, practicadas hoxe en día, e fai unha valoración sobre elas. Finalmente elabora unha presentación con todo ese material.

Obxectivos:  Coñecer o desenvolvemento da II GM e doutros conflitos bélicos dende unha nova perspectiva/ Reflexionar sobre o uso que o humano fixo das pombas no pasado e a importancia do papel destes animais en momentos decisivos da nosa historia./ Valorar o uso que se fai das pombas na actualidade e o noso trato con elas/ Desenvolver a empatía e o respecto cara a estes animais e as aves urbanas en xeral.

Competencias clave: Aprender a aprender/ Competencia dixital/ Competencias sociais e cívicas.


ACTIVIDADE 3 (HISTORIA):

1º BAC – LAIKA: UNHA VÍTIMA MÁIS DA CARREIRA ESPACIAL

Enunciado: A rivalidade entre os bloques liderados por EEUU e a URSS  durante a Guerra Fría levounos a competir en todos os campos, incluidos o tecnolóxico e o científico. Isto derivou posteriormente nunha “Carreira Espacial” na que as dúas potencias invertiron múltiples recursos para ser os primeiros en conquistar o espazo exterior. Nos numerosos e fallidos intentos por facer disto unha realidade pereceron moitos individuos que de xeito involutario foron sometidos aos seus experimentos. Unha delas foi a cadeliña Laika.

Busca toda a información relacionada co seu caso e tamén a doutros animais enviados ao espazo. Logo sitúaos nunha liña temporal xunto cos datos relevantes que definan cada un deses fitos. Podes completar tamén o teu traballo buscando información sobre o uso que se fai dos animais en experimentación
aeroespacial e militar. Compárteo cos teus compañeiros.

Obxectivos:  Coñecer a Guerra Fría e a rivalidade entre potencias no período de 1947 a 1962/ Reflexionar sobre o uso que o humano fixo dos animais no seu afán de conquistar o espazo e noutros fins científicos e militares./ Interesarse por saber se ese uso se fai na actualidade e valoralo dende a ética./ Desenvolver a empatía e o respecto cara a estes animais.

Competencias clave: Aprender a aprender/ Competencia dixital/ Competencias sociais e cívicas.


Los perros antitanque soviéticos


3º ESO – (XEOGRAFÍA): A GANDERÍA COMO CAUSA DE DEFORESTACIÓN

Enunciado: Segundo informa a FAO, unha das principais causas de deforestación é a gandería. Por que?. Averigua de que xeito o sector gandeiro incrementa a tala de árbores e busca datos actualizados para facer unha gráfica de porcentaxes na que poder comparala co resto das causas. Logo valora o resultado.

Que solucións poderíamos adoptar para frenar ou parar a deforestación?

LIGAZÓN: Gandería e deforestación (FAO)

LIGAZÓN: Impacto da gandería na Amazonia (Greenpeace)

LIGAZÓN: A gandería é responsable de grandes perdas forestais nas zonas menos valoradas do Amazonas.

LIGAZÓN: Deforestación


I GUERRA MUNDIAL – MENSAXERÍA E SALVAMENTO (CANS)


II GUERRA MUNDIAL – CANS BOMBA ou CANS ANTITANQUE


ESO- PREHISTORIA: MESOZOICO


ESO- PREHISTORIA: OS ANIMAIS NAS ERAS XEOLÓXICAS

LIGAZÓN: O ANTES, O DURANTE E O DESPOIS DOS DINOSAURIOS



ESO- (XEOGRAFÍA): A QUE SE REFIREN OS TERMOS “XEOGRAFÍA ANIMAL” E “ZOOXEOGRAFÍA”?


ESO- (XEOGRAFÍA): A FLORA E A FAUNA NOS CLIMAS DO MUNDO