(14/05/2021) ALUMNADO DE 3º ESO EXPÓN UN ESTUDO ESTATÍSTICO SOBRE A FAUNA DO ESPIÑEIRA PARA A MATERIA DE MATEMÁTICAS
(Abril de 2021) 1º ESO TRABALLA A BANDA DESEÑADA E A PROTECCIÓN ANIMAL NA CLASE DE EPVAV
Tomando como referente o libro de José Fonollosa titulado “Refugio”, no que o autor conta no formato da banda deseñada as súas experiencias traballando como voluntario nunha protectora de animais, o alumnado deste curso deseña as súas propias viñetas para crear unha historia que fale sobre o abandono ou maltrato animal, convidando ao observador á reflexión sobre noso comportamento con eles.
Alumnado e profe agradecemos o saúdo de José Fonollosa.
( Maio 2020) TRABALLOS DO ALUMNADO PARA A SEMANA FAUNA II
Alumnado de todos os cursos traballa dende as diferentes materias na elaboración de actividades relacionadas coa cuestión animal e do medio ambiente. Debido ao confinamento a posta en común é virtual. Preme na foto para ver os traballos.
( 03/ 05/ 2019) ALUMNAS DE ANTROPOLOXÍA DE 1º BAC REALIZAN UN TRABALLO DE INVESTIGACIÓN SOBRE OS DEREITOS DOS ANIMAIS E O SEU MALTRATO.
( 23/ 04/ 2019) ALUMNAS/OS DE FRANCÉS DE 4º ESO REALIZAN UN TRABALLO DE INVESTIGACIÓN SOBRE A FABRICACIÓN DE FOIE GRAS EN FRANCIA, QUE CONCLÚEN CO DESEÑO DE CARTEIS.
( 12/ 04/ 2019) ALUMNAS DE FRANCÉS DE 1º BAC REALIZAN UN TRABALLO DE INVESTIGACIÓN SOBRE A MATANZA DE FOCAS EN CANADÁ, QUE CONCLÚEN CO DESEÑO DE DOUS CARTEIS.
( 10/ 12/ 2018) ACTIVIDADE CONMEMORATIVA DO 10 DE DECEMBRO: DÍA INTERNACIONAL DOS DEREITOS HUMANOS E DOS ANIMAIS POR ALUMNOS/AS DO IES ESPIÑEIRA
Alumnos/as de 1º e 4º de ESO e 1º BAC, fan unha intervención no vest
íbulo de entrada do instituto colocando unha selección de artigos da Declaración Universal dos Dereitos Humanos e dos Animais en cada un dos banzos das escaleiras. Tamén, nos cabaletes do descansillo superior expoñen o texto completo das mesmas para consulta de todos os membros da comunidade educativa.
( 29/ 11/ 2018) OBRADOIRO DA ASOCIACIÓN MICOS DO BARRIO PARA ALUMNADO DE 1º e 3º ESO NO IES ESPIÑEIRA
Alumnado de 1º e 3º ESO participa nun magnífico obradoiro organizado polo departamento de Bioloxía e impartido pola Asociación Micos do Barrio, de Santiago de Compo
stela. O tema: Colonias Felinas.
Grazas ás actividades deseñadas polas ponentes Ángeles e Noemí, e á exposición de casos reais levados pola súa asociación, os/as rapaces/as puideron acceder a información de primeira man sobre o traballo que este tipo de entidades e particulares levan a cabo no día a día para protexer e controlar aos gatiños da rúa, así como labores de limpeza e mantemento dos espazos públicos que os albergan. O noso alumnado aprendeu sobre estratexias, xestión e medios, pero sobre todo, o máis importante, aprenderon que a solidariedade non sempre precisa de recursos, ás veces a vontade, o compromiso e as ganas de facer son as que moven o mundo.
( Feb. 2018) ACTIVIDADE ALUMNOS 1ºBAC/ LINGUA CASTELÁ:“EXPOSICIÓN ARGUMENTATIVA”
Os alumnos de 1ºBac tiñan que facer unha exposición argumentativa sobre un tema libre. Miriam e Ainara elixiron o maltrato animal, especialmente o daqueles que sofren a violencia en laboratorios e na industria da cosmética.
( Nov. 2017) TRABALLOS DE ALUMNOS 1ºBAC/ BI
OLOXÍA E XEOLOXÍA: “ANIMAIS EXTINTOS”
Os alumnos/as de 1ºBac tiñan que facer un traballo de investigación sobre animais en perigo de extinción ou que xa desapareceron. Elena, María, Nerea, Aarón e Álvaro, decidiron facer unha presentación, mentres que Néstor e Raúl optaron por un formato de documento.
Especies en perigo de extinción e extintas neste 2018. (galego)
________________________________________________________________________
(Curso 2016/2017) NO CONTEXTO DA SEMANA TEMÁTICA, O ALUMNADO DE DESEÑO DO IES PRAIA BARRAÑA REALIZOU AS SEGUINTES INFOGRAFÍAS CON DATOS OBXECTIVOS DO IMPACTO DA INDUSTRIA GANDEIRA NO MEDIO AMBIENTE