
UN ANO MÁIS CELEBRAMOS A SEMANA FAUNA PARA EDUCAR AO NOSO ALUMNADO NA EMPATÍA CARA OS ANIMAIS. NESTA OCASIÓN TRABALLAREMOS A TEMÁTICA DO ESPECISMO.
Educando en el respeto a los animales
UN ANO MÁIS CELEBRAMOS A SEMANA FAUNA PARA EDUCAR AO NOSO ALUMNADO NA EMPATÍA CARA OS ANIMAIS. NESTA OCASIÓN TRABALLAREMOS A TEMÁTICA DO ESPECISMO.
Un ano máis seguimos traballando no Espiñeira na concienciación sobre a nosa relación cos animais non humanos e a natureza. Esperamos que este esforzo xermole no futuro das nosas rapazas e rapaces!. Dende o Espiñeira animamos ós centros educativos a poñer en práctica este proxecto interdisciplinar con gran valor no desenvolvemento emocional, social, cultural e sobre todo ético do alumnado. Velaquí un resumo do que fixemos nestes intensos cinco días… Mil grazas a todxs!. Se queres ver as actividades con máis detalle preme no apartado Cámaras Acción!/ Semana Fauna.
Alumnas de 2º ESO invitan ao profesorado a participar dende as súas materias
Dende Safo, alumnas de 1º Bac presentan un libro de Alicia H. Puleo co que contamos na nosa sección da biblioteca, relacionado coa palabra da semana: ECOFEMINISMO. Anímate e le este exemplar tan interesante!.
Dende a Comisión BioÉtica do Espiñeira hoxe comezamos unha nova actividade, “A palabra da semana”, co obxectivo de reflexionar sobre o seu significado e dinamizar a nosa sección da biblioteca Safo: DE ANIMAIS E MEDIO AMBIENTE, relacinándoa con algún dos recursos bibliográficos cos que contamos.
Conmemoramos o 10 de decembro (Día dos dereitos humanos e animais) informando sobre unha actividade que atenta contra todos éstes e tamén contra o noso planeta. Trátase do CRUTIDO DA PEL para producir o COIRO, unha práctica tremendamente dañina contra os animais, por seren principais vítimas en canto a abusos, torturas e mortes; para as persoas que traballan nas curtidorías, por facelo en condicións precarias e en continuo contacto con tóxicos que provocan enfermidades graves coma o cancro, afeccións na pel ou respiratorias; e tamén para o medio ambiente, dado que o uso de substancias coma o cromo, o chumbo ou o arsénico entre outros químicos vértense contaminando as augas.
Cada ano máis de 1000 millóns de animais son asasiñados co único propósito de utilizar a súa pel para calzado, roupa ou complementos. entre estes animais hai vacas, cabalos, porcos, cabras ovellas e exóticos coma crocodilos, elefantes ou canguros entre outros. Pero todas estas mortes poderían ser evitadas de xeito doado, pois hoxe en día existen alternativas de materiais igualmente eficaces en canto a impermiabilidade, confort ou durabilidade. Os coiros vexetais derivados do ananá, o cactus, o plátano, o millo, o cogumelo, o cáñamo, a uva ou a mazá son só algunhas das propostas que xa ofrece o mercado e que non teñen nada que envidiar ó coiro animal, e a maiores non fan dano a ninguén.