CAMPAÑAS!

“VENRES PARA O CAMBIO”: CADA VENRES PROXECCIÓN DUN VÍDEO SOBRE MEDIO AMBIENTE NO VESTÍBULO DO CENTRO.

A imaxe como testemuña da contaminación e o cambio climático. (Abril/Maio 2019).


“A HORA DO PLANETA”: EN ESPIÑEIRA APOIAMOS A CAMPAÑA DE WWF

Un xesto simbólico para chamar a atención sobre o problema do cambio climático. (Marzo 2019)

Na Hora do Planeta pedimos a unión de millóns de persoas, empresas, asociacións e organismos públicos e privados en todo o mundo para apagar as luces e actuar pola natureza.

Cómo actuar? Apagando simbólicamente a luz a noite do 30 de marzo, dur
ante a Hora do Planeta, entre 20:30 a 21:30 e aceptando realizar durante algún dos retos que WWF che propón.

Elixe un, dous ou os tres retos e fai que ese día sexa o primeiro dun cambio de hábitos no teu concello. Se podes facelo un día, por que non sempre!. Comezamos a mudar?. O espírito da Hora do Planeta debería inspirarnos os 365 días ao ano.


“ESPIÑEIRA CONTRA OS INCENDIARIOS”: COLOCACIÓN DE PANCARTAS NA FACHADA DO NOSO CENTRO E NAS REDES SOCIAIS”

En protesta contra os incendios dos nosos montes. (Marzo/Abril 2019)

Conmocionados polos i
ncendios que nestes días están a arrasar a nosa bisbarra, cando aínda non nos repuxemos dos que hai tan só uns meses acabaron con gran parte da flora e da fauna e incluso con vidas humanas na comunidade de Galicia, e sabedores de que a maioría foron intencionados, alumnado e profesorado do IES Espiñeira amosamos o noso rexeitamento cara a eses individuos que atentan dun xeito tan violento contra o fogar e a vida de todas cantas especies habitamos aquí. Alumnos e alumnas manifestan tamén a inxustiza que ven na herdanza dun legado de desolación provocado pola codiza e a inconsciencia dalgúns humanos: -Nós, ao igual que as fragas e os animais, somos vítimas dos incendiarios, xa que eles queiman o noso dereito a convivir coa natureza e a coidar o planeta para o futuro.


“MOBILÍZATE POLA SELVA”: RECOLLIDA DE MÓBILES VELLOS NO IES ESPIÑEIRA

Un xesto tan simple que pode axudar a salvar tantas vidas…

Colaborando na recollida de móbiles coa Fundación Jane Goodall, as asociacións Libera e Vox Ánima e o concello da Pobra do Caramiñal, alumnos e profesores do IES Espiñeira de Boiro fixemos acopio de máis de 100 móbiles vellos para reciclar e reutilizar. O obxectivo é o de lograr que entre todos poidamos acabar definitivamente coa extracción de coltán no Cong
o,
e así protexer a Selva, aos primates que están a ser secuestrados e aniquilados e á comunidade indíxena que está a ser agredida e explotada.

Se dende o teu centro queres colaborar nesta campaña contacta con

INSTITUTO JANE GOODALL ESPAÑA. info@janegoodall.es | Tlf: 600787509

IES ESPIÑEIRA