CÓNTOCHE ALGO?

 

Co 15% dos cereais empregados no engorde do gando poderíase solucionar a fame crónica do Terceiro Mundo.


Estudos feitos por psicólogos demostraron capacidades cognitivas en mamíferos e aves. As pombas, por exemplo, poden diferenciar entre caras masculinas e femininas entre pinturas de diferentes artistas. Tamén poden agrupar imaxes en categorías coma árbores, seleccionando as que corresponden a determ
inado grupo cos
seus picos.


Só Gran Bretaña podería alimentar a 250 millóns de persoas con alimentación puramente vexetariana.


As abellas nacen co mesmo tamaño que teñen ao longo da súa vida.


Unha soa vaca dunha granxa industrial pode producir 23 toneladas de esterco por ano e 10 porcos poden producir 21 toneladas de esterco por ano. Disperso por toda a Terra, isto contribúe a producir chuvia ácida e a contaminación do chan e da agua.


Nin as ratas nin os cabalos poden vomitar.


Armadillos, zarigüeyas e perezosos pasan aproximadamente o 80% das súas vidas durmindo.


Cara a 1950 a selva tropical cubría o 14% da Terra. Hoxe esa cifra é só do 7% e cada ano desaparece unha superficie equivalente ao tamaño de Gran Bretaña, a maioría co único fin de ser cultivada para proporcionar alimento ao gando.


En contra do que se poda pensar, só algunhas especies de pirañas son carnívoras, e moitas comen froitas e outras plantas que caen ao río.


O cabalo que máis viviu ata o de agora chegou a ter 64 anos.


O único animal visible dende o espazo é o coral.


En España abandónase un animal de compañía cada 4 minutos.


O café máis caro do mundo (kopi luwak) obténse dos excrementos dun animal chamado civeta nas illas indonesias.


En 2050 haberá máis plásticos no mar que peixes.


En Sudáfrica existe un equipo de mulleres gardabosques chamadas as Black Mambas que loitan para deter aos cazadores furtivos na sabana.