REFUXIOS E PROTECTORAS

PROTECTORAS vs CANCEIRAS


As PROTECTORAS DE ANIMAIS (asociacións de protección e defensa dos animais ) son asociacións SEN ÁNIMO DE LUCRO, legalmente constituidas e cuxo fin principal é a protección e defensa dos animais (salvaxes, de compaña). Xeralmente, céntranse nos Animais de Compaña, pero iso non quere dicir que deixen de lado ao resto.

Unha Protectora de Animais baséase no principio do respecto á dignidade do animal. Están en contra de toda acción de maltrato contra os animais, sexa cal sexa o seu motivo.

As Protectoras de Animais basean a súa actividade nas campañas de concienciación social, denuncias e rescates de animais maltratados ou abandonados, así coma a súa acollida nos seus refuxios ou casas de acollida.

Nelas non se sacrifica (salvo excepcións de enfermidade terminal só para evitar maior sufrimento do animal), polo que o animal vive toda a súa vida, se  é que ninguén o adopta, nas súas instalacións. Fomentan a esterilización para evitar a proliferación de animais abandonados e intentan concienciar á poboación de que adoptando un animal axúdase a dous : o adoptado e o que pode ser rescatado ocupando o lugar que deixa o adoptado.

As protectoras son xestionadas por voluntarios, é dicir, persoas que, tendo o seu propio traballo, dedican o seu tempo libre de maneira totalmente altruista, a axudar a estes pobres animais.

As protectoras tamén poden ter a consideración de interesado nos expedientes sancionadores, e propoñer ás Administracións correspondentes a adopción de cantas medidas consideren oportunas para unha máis e
ficaz defensa e protección dos animais.

Moita xente pensa que as canceiras e as protectoras de animais son o mesmo, pero están equivocadas.

As CANCEIRAS fundamentalmente están creadas polos concellos, xa que a Lei de Protección Animal di que os concellos de cada localidade deben encargarse de recoller os animais vagabundos e telos un mínimo de días ata que apareza o seu propietario ou un novo dono. As canceiras son un negocio, é dicir, unha empresa privada, CON ÁNIMO DE LUCRO á que os Concellos contratan (a mayoría das veces sin importarlles si dita empresa reúne os requisitos necesarios), para cumplir coa obligación que a lei lles impón, de recoller os animais abandonados.

Nas canceiras, se o animal non ten m
icrochip ou o dono non aparece ou non pasa a retiralo, éste poderá ser sacrificado (ao tratarse dun negocio, cómpre o espazo para recoller novos animais que xeren novos ingresos). Hoxe en día e grazas a voluntarios sacrifícanse cada vez menos animais, xa que en moitas delas acode xente altruista para facer fotos e difundir para adopción.

Algunhas Comunidades Autónomas están prohibindo o sacrificio de animais nas canceiras (Sacrificio Cero), coma é o caso de Galicia, pero sempre con matices e excepcións que poderían xustificar ou disfrazar mortes innecesarias.

Nas canceiras non hai un control ni exixencias á hora de adoptar e moito menos un seguemento do que logo lle ocorra ao animal. Nas Protectoras o animal entrégase esterilizado ou cun compromiso de esterilización
, exíxense  uns requisitos para a adopción e faise un seguimento do animal entregado.


ENLACES A PROTECTORAS DE ANIMAIS