Os santuarios son algo así como refuxios que albergan animais rescatados que noutro tempo foron explotados, maltratados ou abandonados e que aquí reciben unha segunda oportunidade para vivir protexidos e felices. Estes son os seus fogares definitivos, pois non se dan en adopción. Os seus intereses individuais non só son respectados senon que teñen prioridade, sen importar a especie á que pertenzan.
A diferenza dun zoo, os santuarios non exhiben aos animais como entretemento público nin obteñen beneficio económico a costa deles. Pola contra están alí para recibir alimentación e atención veterinaria, o cal é moi costoso e por iso o principal problema soe ser a escasez de recursos económicos (a maioría conseguen subsistir grazas a voluntarios, socios, donativos ou apadriñamentos nos que se axuda a costear unha parte das necesidades dun animal en
concreto).
Aínda con todo, algúns santuarios organizan xornadas de portas abertas, con visitas, comidas ou actividades que brindan a oportunidade de estar rodeados destes animais e conciencian no “valor do compromiso e o deber ético de decidir cos nosos actos non danar aos demáis”. Estas visitas son unha boa oportunidade de educar aos rapaces/as na empatía.
“Grazas ao labor dos santuarios, moitos animais poideron escapar das granxas de produción e matadoiros para chegar ao paraíso”.
“Os santuarios de animais traballan movidos pola empatía: una sóa vida salvada xa merece a pena”.
REFUXIOS-SANTUARIOS GALEGOS
SANTUARIO VACALOURA
SANTUARIO FRENTE L.A.
SANTUARIO LA ISLA DE TALI
SANTUARIO MINO VALLEY
REFUXIOS-SANTUARIOS NACIONAIS
SANTUARIO GAIA
FUNDACIÓN SANTUARIO VEGAN
SANTUARIO EL HOGAR
SANTUARIO LEÓN VEGANO
SANTUARIO COMPASIÓN ANIMAL
SANTUARIO EL VALLE ENCANTADO
REFUGIO DEL BURRITO
SANTUARIO PARAÍSO DEL BURRO
SANTUARIO LA PEPA
SANTUARIO LA CANDELA
SANTUARIO LA BASSA
REFUXIO-PROTECTORA ADE
