
O debate como ferramenta educativa contribúe a preparar aos alumnos para dirimir conflitos de maneira máis eficaz, mellorando a súa capacidade crítica, é dicir, a construción e análise de argumentos para compartir as súas ideas. Esta práctica permite explorar os múltiples puntos de vista en torno a un mesmo tema e permite amosar as razóns daqueles posicionamentos que non comprendemos, non compartimos e nos producen rexeitamento.
O feito de discutir argumentando provee ao alumno de capacidades críticas e analíticas que lle aportan seguridade e confianza a el mesmo e as súas ideas e opinións. Tamén proporciona ferramentas para mellorar a comunicación, axuda a organizar as ideas e au
menta a capacidade para falar en público. Tamén axuda a entender o que os outros din, practicando a escoita crítica e aproveitando os argumentos alleos para a elaboración dos propios.
A proposta é que os participantes non decidan que opinión defenden senon que lles veña imposta, de xeito que nalgúns momentos, deban apropiarse de posturas diferentes as súas conviccións personais co obxectivo de que exploren e defendan diferentes opinións sobre un mesmo asunto.
Así, os alumnos terán que desenvolver unha serie de habilidades: o traballo de investigación, o correcto uso da linguaxe, a elaboración de argumentos, a análise de evidencias, a organización e síntese de información, a persuasión, a elección de térmos e vocablos, e a citación de fontes, para convencer.
O debate inscríbese no proceso de construción de coñecemento nun ámbito no que os argumentos e non as persoas, son postos a proba. A reflexión crítica respecto
dun tema permite a flexibilidade frente ao cambio e á nosa visión das cousas. O feito de introducir nesta práctica cuestionamentos relacionados co uso e explotación dos animais e do medioambiente permitirá ao alumnado indagar e valorar a desinformación imperante así coma formarse unha opinión propia debidamente documentada.
A continuación propoñemos un listado de temas de contido animalista para debatir na aula:
Suxestións: Para a preparación de cada debate os alumnos poderían facer unha pequena introdución sobre o tema , a ser posible en soporte audiovisual, dende cada un dos enfoques a defender. O moderador tamén podería aportar, na súa presentación, un pequeno vídeo do tipo de “a opinión da rúa”, contextualizado nos corredores do propio centro e no que un alumno preguntara a outros sobre o seu punto de vista.
Recomendamos gravar
a sesión en vídeo para unha posterior visualización e análise por parte do mesmo grupo.
TOURADAS SI, TOURADAS NON
A favor: Ligazón 1 / Ligazón 2 / Ligazón 3
En contra: Ligazón 1 / Ligazón 2 / Ligazón 3 / Ligazón 4 / Ligazón 5 / Ligazón 6 / Ligazón 7/ Ligazón 8
SON NECESARIOS OS ANIMAIS DE LABORATORIO?
A favor: Ligazón 1 / Ligazón 2 / Ligazón 3 / Ligazón 4
En contra: Ligazón 1 / Ligazón 2 / Ligazón 3 / Ligazón 4 / Ligazón 5 / Ligazón 6
ANIMAIS COMO ENTRETEMENTO, SI OU NON
A favor: Ligazón 1 / Ligazón 2 / Ligazón 3 / Ligazón 4
En contra: Ligazón 1 / Ligazón 2 / Ligazón 3 / Ligazón 4
INCENDIOS FORESTAIS, NEGLIXENCIA OU DELINCUENCIA
A favor: Ligazón 1 / Ligazón 2 / Ligazón 3 / Ligazón 4
En contra: Ligazón 1 / Ligazón 2 / Ligazón 3 / Ligazón 4