LIBROS E TEXTOS

No ámbito educativo existe unha cultura da desinformación respecto da cuestión animal que non só afecta ao noso alumnado, tamén a docentes. De cara a conformar os nosos propios criterios parece xusto ter a oportunidade de acceder á información de xeito obxectivo. Todo o que dende moi cedo se nos conta, esa aprendizaxe inducida sobre a nosa relación cos animais, debería ser ao menos contrastada en aras da verdade, non cres?. 

O espazo da biblioteca é o contexto perfecto para acceder a uns bos contenidos  ao tempo que fomentamos a lectura. Ti tamén poderías propoñer na biblioteca do teu centro educativo unha sección coma ésta. Anímaste?.


A forma máis habitual de coñecer aos animais adoita ser memorizando as características que aparecen nos  libros de texto. Aprendemos que son mamíferos, aves ou peixes; pero na escola rara vez fálase da súa personalidade e menos aínda cuestiónase se os tratamos ben ou mal. Pensaches algunha vez cómo se senten os animais? Pensaches sobre cómo os tratamos na sociedade? A voz dos animais convida a unha reflexión a través do pensamento crítico sobre diferentes cuestións relacionadas coa ética animal. A través de preguntas expón algúns dos temas máis habituais que xorden na adolescencia cando pensamos nas vidas dos animais, tanto en liberdade como en catividade. Cunha finalidade educativa, prantexa tamén unha serie de propostas didácticas a través da educación en valores e o fomento do pensamento crítico. Un ensaio dirixido a adolescentes que invita a unha reflexión a través do pensamento crítico.


O punto de partida dos autores é unha perspectiva espiritual sobre as relacións entre humanos e animais. Eso leva a defender, que si aplicamos eses mandamentos na nosa vida cotidiá, a Tierra e todos os seus habitantes poderán vivir en completa harmonía. O libro desenvolve a idea de que a nosa obriga é vivir en estreito contacto cos animais –posto que os humanos formamos parte do reino animal– e dinos que debemos aprender a coñecelos e entendelos para poder protexelos e evitar a súa extinción. O tema central dos mandamentos é a importancia e o valor que ten calquera animal como individuo, coa súa propia personalidade e idiosincrasia, algo sobre o que ambos autores veñen escribendo dende fai anos.


Cómo nos relacionamos cos animais? Esta é unha cuestión ética básica que vai moito máis aló dos tópicos habituais sobre touros, mascotas ou preferencias dietéticas. Paga a pena un pouco de lectura previa antes de lanzarnos a ese rodo onde case todo o mundo ten xa prefigurada a súa opinión. Quen son as e os ensaístas, filósofos, escritores que deron forma á nosa conciencia actual respecto dos animais non humanos –tanto se pensamos en actitudes de instrumentalización explotadora, coma de defensa e coidado?. A presente antoloxía de textos breves recolle algunhas testemuñas esenciais desa reflexión sobre os nosos vínculos cos animais ao longo dos últimos tres milenios.


O autor José Fonollosa, comezou traballar como voluntario nunha protectora de animais e comparte con nós co seu característico humor, as anécdotas e vivenzas do seu día a día coidando aos cans do seu centro. Esta banda deseñada amósache cómo os traballadores e voluntarios lles axudan a adaptarse á súa nova contorna e superar a desconfianza do abandono. Aprende que pasa cos animais dende o momento no que entran no refuxio ata o día no que lles conseguen unha nova familia adoptiva. Con ela volven disfrutar dunha segunda oportunidade, que non sería posible sen o agarimo e o esforzo de toda a xente que traballa nestes refuxios.


O artista Roger Olmos e a Fundación FAADA realizaron, xunto a Logos edizioni, un libro que con imaxes e poucas liñas quere sensibilizar aos humanos de toda idade cara aos outros animais con quen compartimos o planeta: para coñecelos, respectalos e protexelos. Un libro que nos leva a reconsiderar s nosas eleccións, que ás veces só son unha consecuencia da nosa falla de reflexión sobre o que hai detrás do mundo da moda, da industria alimenticia ou do lecer.



Durante moito tempo pensouse que os animais son pouco máis que cousas ao noso servicio. Cousas que podemos usar coma nos apeteza, e polas que non nos temos que preocupar. Pero hoxe esta idea está empezando a saltar polos aires. Cada vez máis persoas en todo o mundo opinan de xeito distinto. É unha onda que non deixa de crecer. Cada vez máis e máis xente sabe que os animais son seres que senten e sofren, e que por elo deberíamos respectalos e defendelos. ¿Cales son os motivos para afirmar iso? ¿Porqué tería que preocuparnos o que lles pasa aos animais? ¿Que podemos facer por eles, e que podemos deixar de facer contra eles? ” Un paso adelante en defensa de los animales” busca responder a estas e outras moitas preguntas.

Agora versión en GALEGO!

Editorial: AXOUXERE // 

Ano de edición:2019 //

ISBN:978-84-948553-0-6


Este libro é a culminación da longa reflexión filosófica, biolóxica e ética de Jesús Mosterín sobre a nosa relación cos outros animais, relación deliciosa e conflitiva, capaz de despertar o mellor e o peor de nós mesmos. A obra, escrita en estilo claro e vigoroso, trata dos animais domésticos e salvaxes que máis nos interesan, da súa evolución, a súa historia e a súa situación actual. Analiza temas controvertidos coma a compaña, a gandería e a alimentación, os espectáculos da crueldade, a caza e a pesca, a investigación, a extinción das especies e a degradación dos ecosistemas. Afastado de calquera enfoque simplista, este libro, centrado na ética da compaixón, propugna a consideración moral dos animais, entendida dun xeito equilibrado e profundo que acepta a complexidade e multidimensionalidade dos problemas e incorpora tamén os puntos de vista da ecoloxía e a racionalidade.


¿Teñen dereitos os animais ou trátase dunha idea fantasiosa de catro tolos idealistas? ¿É serio ocuparse dos seus problemas cando hai tantas necesidades humanas? ¿Que hai de malo en alimentarnos de animais, tal e coma fixemos sempre? ¿Cómo pode criticarse o uso de ratos en experimentos médicos que salvan vidas de persoas? O autor recolle neste libro todas aquelas cuestións (e moitas máis) que adoitan aducirse para xustificar a explotación dos animais non humanos en moi diversos ámbitos, e rebáteos cunha única arma: a razón.


É instintiva a compaixón que nos move a preocuparnos polos demáis?. Ou viñemos  ao mundo só para loitar polos nosos propios intereses e a nosa supervivencia individual?, Nesta obra, o autor estuda de que xeito xorde a empatía e o altruismo no ser humano e nos animais. A partires da análise da conduta de diversos mamíferos, De Waal amósanos que moitos animais preocúpanse polos seus conxéneres e están dispostos a acudir na axuda dos seus semellantes, nalgúns casos arriscando as súas vidas. Así, a empatía é un rasgo ancestral que caracteriza a animais e a humanos. La edad de la empatía desenvolve un extraordinario e controvertido enfoque deste sentimento no mundo animal, ao tempo que nos leva a preguntarnos que nos fai humanos. Con fina ironía, o autor de El mono que llevamos dentro ofrécenos unha letura esencial no noso turbulento presente.


Durante o século XX/XXI, o movemento na defensa dos animais gañou batallas. En España, p.ex., o Congreso dos Diputados aprobou en 2017, unha lei segundo a cal os animais xa non son «cousas» senón «seres sentintes». Pero a pesares diso, éstes seguirán a ser propiedades que se poderán mercar e vender, usar en espectáculos, maltratar e sacrificar en beneficio dos humanos. A explotación animal segue crecendo en todo o planeta: actualmente os humanos matan a 56.000 millóns de animais ao ano, 3 veces máis que en 1980. Calquera persoa preocupada por isto debe entender como prioridade un cambio de carácter político. Así, ademais do activismo, precisamos un cambio radical de paradigma teórico. É o que propón este libro que revolucionou o pensamento sobre a «cuestión animal». A partires da idea de igualdade moral, autonomía e prosperidade para todos os seres sentintes e con intereses propios, os autores plantexan unha nova comunidade (de humanos e animais) rexida por un concepto compartido de xustiza.


Neste libro, Joseph de la Paz amósanos por que cada día hai máis veganos e fálanos do veganismo máis aló da dieta e da filosofía e de cómo se está a expandir, dun renovado concepto de humanidade e dunha visión de futuro.

“Non existe no mundo nada máis poderoso que unha idea cuxo tempo chegou”. Víctor Hugo


Esta obra revolucionaria explora por que na nosa cultura amosámonos tan dispostos a comer algúns animais mentres que nin se nos pasa pola cabeza comernos a outros. Melanie Joy, psicóloga social, afirma que este fenómeno explícase por un proceso de negación. Facemos caso omiso dos feitos: da capacidade de conciencia dos animais, da súa capacidade para sentir dor, das crueis prácticas ganderas, de que non precisamos comer carne e de que, polo xeral, sen ela viviríamos máis e mellor. «Unha lectura obrigada para todo o que estea interesado en saber máis acerca de que comemos e por que.»


Este libro reflicte a multidimensionalidade da nosa relación cos outros animais que conviven con nós. Por unha banda, contempla aspectos culturais e sociais, como son a caza, a crueldade na cultura, a cuestión do vexetarianismo e os vínculos da protección animal cos albores do feminismo. Por outra, pon en relación o noso «eu» con ese «outro significativo» co que compartimos destino, os animais non humanos, o que se analiza en temas tan dispares como a globalización ata a literatura. Todo eso conduce, inevitablemente, a unha reformulación dos conceptos de dereitos e deberes, que agora inclúen aos animais non humanos cos que convivimos e que deron lugar, especialmente nos últimos decenios, a unha intensa produción lexislativa sobre protección animal, que tamén se recolle nesta obra.


Nunha época na que todo o mundo se está volvendo verde, a maioría non son conscientes de que o FBI está usando recursos destinados a acabar co terrorismo para perseguir a activistas polo medio ambiente e polos dereitos dos animais.
Utilízase aos tribunais para ampliar os límites convencionais do que constitúe o térmo terrorismo e para golpear aos activistas non violentos con condeas desmesuradas. Algúns tiveron que enfrontarse a cargos de terrorismo polo simple feito de pintar eslóganes con xiz na beirarrúa.
Ao igual que o chamado “Temor rojo” nos EEUU este «Temor verde» consiste na intimidación, mediante a palabra ecoterrorista para impulsar unha campaña política, inculcar o medo e silenciar a disconformidade. Este libro é unha visita guiada polo mundo do activismo que conta cómo privan a persoas comúns do dereito de defender o que cren.