Protectoras e refuxios

PROTECTORAS DE ANIMAIS LOCAIS

 Asociación Protectora de Animais Moura

 

Somos unha Asociación Protectora de Animais sen ánimo de lucro da bisbarra do Barbanza, (A Coruña).

Non dispoñemos de refuxio, unicamente de casas de acollida, polo tanto a maioría das veces resúltanos imposible atender as peticións de recollida que recibimos.

 

Callejeros Barbanza

SOS CALLEJEROS (Barbanza) é unha Organización sen fins de lucro que nace da iniciativa dun grupo de amigos da bisbarra para a concienciación e difusión de animais sen fogar.

Arca

Arca protectora de NOIA GALICIA rehabilita animais abandonado
s e recolócaos en adopción promovendo a esterilización, o uso do chip e o cumprimento da lei.

PROTECTORAS DE ANIMAIS AUTONÓMICAS

Micos do Barrio

 

Grupo veciñal do barrio de Fontiñas. Traballamos para dinamiza-lo barrio fomentando a sensibilización ambiental e o benestar animal.

 

 

 

Adopciones Galicia

Adopciones Galicia nace cómo asociación o 12 de Agosto de 2010.
Somos unha pequena asociación sen ánimo de lucro cuxo obxectivo entre outros é fomentar a adopción de animais abandonados .

Traballamos con casas de acollida e sempre necesitamos e pedimos colaboración da xente para atopar máis casas e poder recoller aos animais que o precisen.
Formamos esta asociación xente con moita ilusión e gañas de facer cousas que levabamos anos no mundo dos animais difundindo , recollendo e fomentando as adopcións.
Despois de tempo so como grupo decidimos facer unha asociación e este é o resultado.

Arco da Vella

Esta protectora foi creada a principios do ano 2009.

É unha asociación sen ánimo de lucro cuxo fin principal é o coidado dos animais.

 

Agata Asociación Protectora de Gatos de Vigo

Axuda a gatos maltratados e abandonados

Nós somos unha asociación que esterilizamos os gatos da rúa.
A
os mansiños e aos bebes buscámoslles un fogar e moitos de nós levamos máis de 20 anos dedicados aos gatos da rúa.

 

Animales sin fronteras

A asociación protectora Animales Sin Fronteras fundouse en 1992 co obxectivo de realizar tarefas sociais en favor dos animais.
Desenvolve un incesante labor educativo na sociedade a través de numerosas campañas, organización de concertos benéficos, presenza nos actos de asociacións sen ánimo de lucro e colaborando con outros colectivos que defenden os dereitos dos animais en xeral.

Proyecto Gato

PROYECTO GATO é unha asociación sen ánimo de lucro fundada coa fin de controlar e mellorar a calidade de vida dos gatos dos nosos barrios, e das persoas que viven preto deles, e así acadar unha convivencia en harmonía, pois todos compartimos o mesmo espazo: a nosa vila. Posuímos sobrada experiencia levando a cabo este labor por iniciativa propia e de xeito individual dende moito antes de crearse a asociación.

 

Protectora Marín

A Asociación Protectora de Animais e Plantas de Marín é unha asociación sen ánimo de lucro cuxa principal función é a protección e defensa dos animais e do medio, proporcionando aos animais abandonados un teito, alimentación e todos os coidados necesarios mentres buscamos quen lles aporte a calidade de vida que merecen.

 

GATOCAN

Asociación Protectora de Animais de A Coruña, a nosa fin é velar polo benestar dos animais e concienciar sobre o respecto aos mesmos.

Asociación Protectora de Animais de Vilagarcía de Arousa

  Asociación sen ánimo de lucro, fundada no ano 1994, que se dedica a recoller animais en situación de abandono, desamparo ou maltrato, tratando de darlles unha vida digna e de atopar un fogar responsable para eles. O noso refuxio está ubicado nun terreo cedido polo Concello e dende xaneiro de 2014 residimos nun
novo recinto construído expresamente para nós.

 

 

O Refuxio de Bando

Situado en Zarramacedo (Bando), o Refuxio de Bando ocupa uns 7.000 metros cadrados dunha parcela de 15.000 e está dividido en catro grandes módulos. Está xestionado por unha Fundación, no patronato presidido polo Alcalde de Santiago de Compostela , ademais da representación institucional dos concellos que dela forman parte (Santiago de Compostela, Teo e Vedra), tamén conta coa participación de representantes dos colectivos de protección animal e do ecoloxismo.

Asociación COMETA

Para un COMportamiento ÉTico cos Animais. Organización sin ánimo de lucro cuyo ámbito de actuación es la Comarca de Ferrolterra. Se creó en Octubre de 2004 por un pequeño grupo de personas que ha ido creciendo hasta convertirse en más de 150 preocupadas por la situación de los animales en  nuestra sociedad, y en particular, en nuestra comarca. Hartos, desesperados por ver a diario cómo nuestros amigos sufren abandono, maltrato, explo
tación, indiferencia y, muchas veces, una muerte indigna, decidimos reunirnos con el objetivo de intentar mejorar las cosas.

 

Asociación Amigos de los Perros de Carballo

As súas instalacións, situadas no domicilio particular da Presidenta, son básicas e con proxecto de ampliación de máis caniles . O refuxio está debidamente pechado e acondicionado para que os animais se atopen cómodos e en plena natureza.
Na actualidade contamos cuns pequenos ingresos de cuotas de s
ocios, coa colaboración de 4 veterinarios da zona que ofrecen os seus servizos de maneira altruista, esterilizando para solucionar o problema da superpoboación, e vacinando aos animais que chegan ao refuxio.

Aldea Felina

Asociación Protectora de Gatos de A Coruña. Aldea Felina Coruña naceu en 2006 co obxectivo de loitar polos dereitos dos gatos da rúa de A Coruña. Dende entonces o seu labor céntrase non só en ofrecer atención sanitaria ás distintas colonias da vila senon que ademáis traballa por achar un fogar responsable e adecuado para centos de gatos que o úni
co que piden é unha oportunidade para ser felices.

 

APADAN

Asociación Protectora de Animais Abandonados do Noroeste. APADAN é unha asociación sen ánimo de lucro que leva 11 anos traballando en contra do abandono de animais. Grazas ás aportacións económicas de socios e simpatizantes, e a axuda desinteresada de clínicas veterinarias e colaboradores, mantén un refuxio en Culleredo (A Coruña) onde da abrigo, alimento e atención veterinaria a 120 cans que foron abandonados.

 

LENA, PROTECTORA DE ANIMAIS

A Asociación Protectora de Animais Lena, antes Asociación Protectora de Animais de O Porriño (ASPAP), ten a fin de recoller, coidar e dar en adopción responsable a cans e gatos.

O JatiCan

A Asociación é unha entidade sen ánimo de lucro onde todos os cargos son gratuitos e que se sustenta grazas ás aportacións económicas dos seus escasos socios e socias e algún donativo. Somos unha iniciativa totalmente privada que non recibe ningún tipo de subvención ou axuda das administracións. O noso traballo consiste en recoller animais abandonados, maltratados ou con inminente perigo de eutanasia. Como non temos refuxio, mantemos a todos os nosos animais en casas de acollida temporal ata atoparlles un fogar definitivo.

Os Palleiros

Protectora de Animais de Pontevedra nada en marzo de 2006 e cuxa misión é coidar e sociabilizar a cans maltratados e buscarlles unha boa familia. Nas instalacións só temos cans, posto que no hai sitio para máis animais, pero contamos con casas de acollida, onde por un curto periodo de tempo, os socios ou voluntarios coidan de gatos e outros animais abandonados.

 

 

Os Biosbardos

O Refuxio de Animais Abandonados de Ponteareas (Pontevedra) funciona únicamente grazas ao traballo diario e desinteresado de voluntarios da Asociacón Protectora de Animais Sen Fronteiras / Colectivo animal, e non recibe ningún tipo de aportación económica da administración, sendo o seu único modo de subsistencia as aportacións de voluntarios, socios, donativos e colaborador. Moitos dos nosos animais nunca serán adoptados, e para eles intentamos ofrecerlles dentro do refuxio a vida máis digna posible.

 

PROTECTORAS DE ANIMAIS FÓRA DE GALICIA

Enlace a listado completo de webs e Asociacións españolas relacionadas coa Protección Animal