O blog que visitas forma parte dun Proxecto Educativo desenvolvido por profesores e profesoras do IES Espiñeira de Boiro sensibilizados co benestar e a protección animal
e preocupados por vincular o coñecemento e a empatía cara a todos os seres vivos ao ámbito educativo.
Orientado a docentes, este espazo pretende ser unha ferramenta onde compartir material para todos aqueles membros da comunidade educativa motivados no desexo de ensinar a respectar e protexer aos animais.
MARCO LEGAL
O noso Proxecto Educativo: “Elaboración de material didáctico sobre benestar e protección animal/ Proxecto empatía animal no IES Espiñeira” encádrase no Plan de Formación Permanente do Profesorado (PFPP) do IES Espiñeira durante os cursos 2017/2018 e 2018/2019.
Asesorados e impulsados polo CAFI (Centro Autonómico de Formación e Innovación) da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Unive
rsitaria da Xunta de Galicia, e ao abeiro do “Plan Anual de Formación do Profesorado” e a “Resolución definitiva de centros seleccionados nos plans de formación permanente do profesorado”, iniciamos a nosa andadura en novembro do ano académico 2017/2018.
CONTEXTO
O noso instituto está situado nas inmediacións do núcleo da vila de Boiro, no lugar de Espiñeira. Trátase dun centro periurbano que acolle alumnado da localidade ademais de alumnado, nun número máis reducido, procedente dos concellos limítrofes. En
Espiñeira impártense as ensinanzas de ESO, Bacharelato (Humanidades e Ciencias Sociais ademais do Científico Tecnolóxico), Ciclos Formativos de Grao Medio e Superior de Equipos Electrónicos de Consumo e Administración e Finanzas, e 1º e 2º de Formación Profesional Básica de Informática e Comunicacións.
Boiro é unha vila costeira situada nunha zona rural e coma noutras tantas vilas da nosa península do Barbanza, nel conviven o sector marítimo, o agrícola e o turístico. O perfil de alumnado que recibimos procede en gran medida de familias de mariscadores, bateeiros ou vinculadas ás industrias pesqueira e conserveira, así como á cría de gando nos montes da Serra. A crianza dos animais na casa para logo consumilos é unha práctica bastante habitual, polo que a súa cosificación está culturalmente implantada entre unha inmensa maioría. Algúns dos nosos alumnos tamén practican a caza, acompañando aos seus familia
res nas diversas batidas que se celebran.
Como eventos de entretemento relacionados coa explotación animal debemos destacar o “Curro”, onde cada ano se fai a “rapa das bestas” e márcase a ferro aos animais. Neste contexto tamén se realizan concursos nos que se sortean poldros e se organizan actividades como carreiras de burros para nen@s, nas que o seu grande espírito competitivo ás veces repercute na integridade física do animal. Tamén cabe salientar que os propios nen@s participan na rapa dos poldros dentro do mesmo recinto que os maiores, dito sexa de paso, con precarias medidas de seguridade.
Os Campionatos autonómico
s e nacionais da Caza do Raposo celébranse en Galicia cada ano, sendo a nosa bisbarra susceptible de dita práctica, pois xa se deu a circunstancia no pasado. As exhibicións de cetrería como parte de festexos tamén son comúns. As “Touradas” que ata fai ben pouco se víñan celebrando durante a Pascua na cercana vila de Padrón, ás que tamén asistían un número considerable de nenos e nenas, así coma as frecuentes visitas estivais de “Circos con Animais”, deixaron de ter cabida neste lugar coa supresión de subvencións por parte da Deputación, no primeiro caso e coa entrada en vigor da nova Lei de Protección Animal no segundo, todo grazas á presión dos Grupos e Asociacións en Defensa dos Animais.
Por outra banda na nosa zona existen tamén varios grupos que defenden os intereses dos animais, dúas Asociacións Protectoras de Animais que se encargan do rescate, recollida e adopción de cans e gatos abandonados e unha Asociación Activista que promove campañas e denuncia o maltrato, encárganse tan só coa axuda de voluntarios e doantes particulares e na medida das súas posibilidades, de monitorizar e buscar solucións a todos aqueles casos que lles chegan, así coma concienciar á poboación da conto
rna no respecto e na protección dos animais.
ORIXE
O noso proxecto comezou coma unha verdadeira necesidade. Ante a ausencia de contidos de empatía cara aos animais no currículo educativo, a desinformación e cultura da cosificación predominantes na nosa sociedade, percatámonos de que paralelamente á educación académica dos nosos alumn@s debería ir o seu desenvolvemento ético e moral no coñecemento de todos os seres vivos que nos rodean e nos que, directa ou indirectamente, para ben ou para mal, cada un de nós influimos.
OBXECTIVOS
– A defensa dos dereitos, necesidades e intereses de todos os animais.
– A educación e concienciación social sobre a nosa relación cos demáis animais.
– A educación en valores e o desenvolvemento da empatía no alumnado.
– A difusión de recursos didácticos para fomentar a intelixencia emocional e o respecto aos animais, ao medioambente e á nosa contorna.
– O contacto, cooperación e intercambio de experiencias con outros docentes ou centros educativos que integren no seu currículo a empatía cara os animais.
O NOME DO BLOG
Supoñemos que a primeira vista o nome deste blog pode resultar chocante, pero a intención non vai máis aló de evidenciar unha realidade que moitas veces esquecemos, a de que nós tamén somos animais e tentar desvincular así a palabra do sentido pexorativo que a acompaña cando se refire ao humano.
A distancia que o home mantén cos individuos das outras especies, o antropocentrismo do que constantemente fai uso, provoca un posicionamento de superioridade do humano fronte ao resto de individuos, someténdoos en razón de especie e censurando o seu parentesco biolóxico. “
O nome “O meu profe é un animal” significa perder o medo á obxectividade e equilibrar a balanza tendo en conta que animais humanos e non humanos somos máis parecidos que diferentes e que as diferenzas nunca deben de ser xustificación para a supremacía. Este título é pois, o noso intento particular de integrar no ámbito educativo un traballo de reflexión sobre a nosa propia esencia e a nosa convivencia cos demáis individuos animais. Amosamos así, a nosa declaración de intencións, na que o mundo do ensino achégase e empatiza con todos os seres vivos na formación ética e moral dos nos@s alumn@
s.