ACTIVIDADES EDUCACIÓN RELIXIOSA

ACTIVIDADE 1:
ESO- “LAUDATO SI”: En contra do maltrato animal e a degradación de planeta.
Enunciado: Consultando a documentación que se adxunta, traballa sobre os contidos e a mensaxe da encíclica “Laudato si”.
Obxectivos: Coñecer a encíclica do Papa Francisco do 2015/ Sensibilizar
cara a protección dos animais e coidado do medio ambiente.

ENLACES: SELECCIÓN DE VÍDEOS: “A ENCÍCLICA LAUDATO SI EN CAPÍTULOS”
Vídeo 1: “Introdución” // Vídeo 2: “Capítulo 1” // Vídeo 3: “Capítulo 2” // Vídeo 4: “Capítulo 3 (I)” // Vídeo 5: “Capítulo 3 (II)” // Vídeo 6: “Capítulo 4” // Vídeo 7: “Capítulo 5” // Vídeo 8: “Capítulo 6”
ACTIVIDADE 2:
ESO/BAC – SENSIBILIZANDO Á IGREXA SOBRE A CUESTIÓN ANIMAL: TOMASZ JAESCHKE
Obxectivos: Coñecer ao sacerdote e a súa campaña/ Investigar sobre o seu labor en favor dos animais/ Debatir sobre a postura do sacerdote e compatibilidade coa Igrexa contemporánea/ Reflexionar sobre o trato que como sociedade damos aos animais e a súa diverxencia cos valores que promove a relixión cristiana.

Tomasz Jaeschke é un sacerdote austríaco e fervente animalista, que lanzou unha “cruzada” persoal para sensibilizar á Igrexa sobre os dereitos eas condicións dos animais. A súa iniciativa chámase “Quo vadis Vatikan!”.
ACTIVIDADE 3:
BAC – ENTREVISTA A MONSEÑOR MARIO CANCIANI
Obxectivos: Coñecer a postura que Monseñor Mario defende como membro integrante da Igrexa/ Informar do debate existente na institución respecto da cuestión animal/ Debatir sobre a verosimilitude do que conta Monseñor Mario e a coherencia do seu discurso respecto do da Igrexa tradicional/ Valorar unha posible actualización dos preceptos da Igrexa de cara á defensa dos dereitos dos animais / Reflexionar sobre o afastamento dos valores da relixión cristiana no trato que como sociedade damos aos animais en tanto seres senten e sufren igual ca nós.
ACTIVIDAD 4:
BAC- Andrew Linzey. Do paradigma xerárquico na creación á fraternidade cósmica
Sobre o seu libro OS ANIMAIS NA TEOLOXÍA
A súa web: http://www.oxfordanimalethics.com/who-we-are/director/

Andrew Linzey, sacerdote Anglicano, teólogo, autor dunha veintena de libros, máis de cen artígos e figura notable no movemento do Cristianismo Vexetariano, é membro da Facultade de Teoloxía na Universidade de Oxford e profesor de Teoloxía Animal na Universidade de Winchester. Adicionalmente, foi o primeiro profesor de Ética Animal na Graduate Theological Foundation de Indiana. É considerado un dos pioneiros que vinculan a teoloxía e a ética na reflexión crítica sobre o estatus moral dos animais. Traballou conxuntamente con Tom Regan, outro dos pioneiros no movemento dos dereitos dos animais.

INSTITUTO DE ZOOLOXÍA TEOLÓXICA – (en alemán : Institut für Theologische Zoologie).
Departamento da Universidade de Münster (Alemaña), fundado en 2009. Pertence á facultade católica de dita Universidade, e o seu obxectivo é ubicar aos animais nun contexto teolóxico cientificamente fundamentado. Os directores do instituto son Rainer Hagencord e Anton Rotzetter, ambos con formación teolóxica e biolóxica católica .


A Igrexa católica ante o trato aos animais: dilema e incoherencia. EL DIARIO.ES
O Concilio de Trento.
O “Jainismo”, a relixión que máis respecta aos animais.