TRANSVERSALIDADE, A PALABRA MÁXICA

Escalade tan só un pouco a montaña, para comprobar se é unha montaña. Dende o cumio da montaña, non poderedes ver a montaña”Frank Herbert

   Facémonos eco das palabras de Frank Herbert para transmitir o noso pensamento de que para poder comprender calquera cousa primeiro debemos tomar perspectiva e non quedar na superficie. O verdadeiro coñece
mento da realidade conleva unha valoración ética e moral da mesma e en consecuencia na toma de decisións.

   Segundo o Informe da Comisión Internacional para o desenvolvemento da Educación (UNESCO, 1987, 31): ” a educación debe contribuir ao desenvolvemento global de cada persoa: corpo, mente, intelixencia, sensibilidade, sentido estético, responsabilidade individual, espiritualidade. Todos os seres humanos deben de estar en condicións, en particular grazas á educación recibida na súa  xuventude, de dotarse dun pensamento autónomo e crítico e de elaborar un xuízo propio, para determinar por si mesmos que deben facer nas diferentes circunstancias da vida”.

   A educación permite avanzar na loita contra a discriminación e a desigualdade sexan éstas por razóns de nacemento, raza, sexo, relixión ou opinión. Sen embargo, contempla o especismo coma algo normalizado e difunde unha información sesgada ou distorsionada que condiciona ao alumn@ na súa percepción do trato que a sociedade da aos animais.

ALGÚNS EXEMPLOS

   De todos é sabido que xa na Educación Infantil e Primaria o primeiro achegamento ao coñecemento do mundo animal nútrese de recursos coma “Os animais do zoo”, “Os animais de granxa” ou “Os animais do circo”, transmitindo ao niñ@ unha falsa idea de “normalidade” e incluso “felicidade”. Logo fálaselles do seu potencial como ben de consumo para o humano, dos produtos que xeneran e novamente a cosificación e a explotación volven a contextualizarse “no normal” e “o correcto”.

   A estes contidos e metodoloxías súmanse as excursións e visitas a “Granxas escola”, “Zoolóxicos”, “Acuarios”e incluso a asistencia a algunha que outra función en “Circos con animais”, amosando unha visión amable que dista moito da realidade. Non deberíamos educar baixo o engano.

La imagen tiene un atributo ALT vacío; su nombre de archivo es visitas-escol-1.jpg

   Na educación Secundaria e Bacharelato isto agrávase. O animal pasa a ser sinónimo de “produto” para o consumo humano e a fronteira entre éstes dilátase, o desapego emocional comeza a afianzarse. Contidos coma, o “sector pesqueiro” ou a “gandería extensiva” en xeografía, ou prácticas como a disección de pequenos animais ou órganos de mamíferos máis grandes en bioloxía, a creación de animalarios na aula ou incluso a escasa atención que se presta ao individualismo do animal como ser sentinte en proxectos medio ambientais, son os que marcan as directrices en canto
ao coñecemento dos animais no noso sistema educativo. As ciencias naturais no estudo dos animais céntranse polo xeral na anatomía ou nos hábitats, mais pouco ou nada contan da etoloxía. Respecto da linguaxe que se emprega nos centros educativos soe ser especista, incidindo unha vez máis nesta cultura de desprezo que todos alimentamos.

   Sendo conscientes pois, de que o currículo educativo non só amosa unha visión parcial do mundo animal en beneficio do home, se nón que ademais omite contidos de empatía cara aos animais, precisamos unha alternativa que nos axude a traballalos na aula.

A TRANSVERSALIDADE PARA A EDUCACIÓN EN VALORES

   A sociedade demanda que ademais de coñecementos, os centros educativos formen en valores con propostas de traballo centradas na autonomía e a capacidade de decidir e obrar do alumnado. Educar en valores, supón desenvolver tamén nos nosos alumn@s a capacidade de analizar a realidade cunha postura crítica para que posteriormente se comprometa con ela de xeito activo e responsable. Neste sentido, os elementos transversai
s ofrecen moitas posibilidades para traballar os valores nas nosas aulas, mais rara vez éstes inclúen a empatía cara aos animais. Aínda con todo, se prestamos atención ao que establece a LOMCE, en realidade os elementos transversais son o receptáculo perfecto para unha inclusión de “especie” e cada un deles podería ter unha conexión con valores de protección e respecto aos animais.

artículo 6 del Real Decreto 1105/2014, de 26 de diciembre, por el que se establece el currículo básico de la Educación Secundaria Obligatoria y del Ba
chillerato
.

   Ao igual que na educación en valores da LOMCE, o propósito da Educación antiespecista é acadar unha toma de conciencia da realidade, física, social e cultural e unha postura ante os problemas que se plantexan.

   A comunidade educativa debe reflexionar sobre a súa actitude e os valores que transmite de xeito incon
sciente, analizando o que socialmente é considerado como “normal” no ámbito dos dereitos dos animais e demostrando que esta suposta “normalidade” baséase nunha construción social “especista” e falta de ética que sempre asegura un valor diferente e xerarquizado ás causas humanas e ás animais e incluso ás animais dentro das animais.

   A través dos valores éticos os alumn@s achéganse a realidades e problemáticas do día a día, levando a cabo reflexións e compromisos activos que os conformarán como persoas responsables, provocando cambios de conducta e transformacións na contorna.

Aprender sobre a empatía e o respecto cara aos animais significa “aprender a vivir na non violencia”. Convivir na tolerancia e na harmonía, respectando aos compañeiros e aceptando a diferenza, pois a diversidade enriquécenos. Se se supera a diferenza entre especies como un motivo de sometemento, consolida
rase unha ética persoal fundamentada no respecto a todos os individuos e a convivencia en liberdade.

A nosa idea non é impoñer aos alumn@s o que é “correcto” ou “incorrecto”; é máis ben facilitarlles a información e as ferramentas para axudalos a actuar dacordo cos seus propios valores e a súa autonomía moral.

PARA CONCLUIR

   A inminente incorporación de contidos de Educación na empatía e o respecto cara aos animais no currículo educativo é necesaria por varios motivos:

   O primeiro é o cuestionamiento que dende moitos colectivos se fai respecto ao trato que se lle da aos animais na nosa sociedade e a súa difusión mediática. Logoa aceptación de que moitas situacións de maltrato e explotación animal poden ser controladas a nivel individual e modificadas, si o suxeito ten acceso á correspondente información e educación, ao igual que a influencia dos estilos de vida, hábitos de consumo e de comportamiento na maioría dos problemas de abuso cara aos animais. O feito de que un maior coñecemento do mundo animal axuda a mellorar a comprensión e a asumir a responsabilidade individual e colectiva. O incremento do interese cidadán polo benestar animal e o coidado do medio ambiente.

   Así pois, a introdución de contidos de empatía e respecto cara aos animais no currículo educativo non só pode ser unha maneira de integrar a preocupación crecente en torno á cuestión do especismo, se nón que tamén pode ser un criterio de calidade.

QUEDAMOS CO QUE DI A LOMCE

   Coa esperanza de poder ver nestes textos algún día a palabra ANIMAL.

   “ As Administracións educativas fomentarán a aprendizaxe da prevención e resolución pacífica de conflitosen todos os ámbitosda vida persoal, familiar e social, así coma dos valores que sustentan a liberdade, a xustiza, a igualdade, o pluralismo político, a paz, a democracia, o respecto aos dereitos humanos, o respecto aos homes e mulleres por igual, ás persoas con discapacidade e o rexeitamento á violencia terrorista, a pluralidade, o respecto ao Estado de dereito, o respecto e consideración ás vítimas e a prevención do terrorismo e de cualquera tipo de violencia.

   A programación docente debe comprender en todo caso a prevención da violencia de xénero, da violencia contra as persoas con discapacidade, da violencia terrorista e de cualquera forma de violencia, racismo ou xenofobia, incluido o estudo do Holocausto xudeu como feito histórico. Evitaranse os comportamentos e contidossexistas e estereotipos que supoñan d
iscriminación
. Os currículos de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato incorporarán elementos curriculares relacionados co desenvolvemento sostible e o medio ambiente, os riscos de explotación e abuso sexual, o abuso e ma
ltrato
ás persoas con discapacidade, …”